Delegación de Alumnado

A Delegación do Alumnado da Escola de Enxeñería Industrial (DAI) é unha asociación integrada por estudantes da EEI que ten como principais obxectivos a representación estudantil nos órganos de goberno, a divulgación de contidos, a organización de eventos culturais ou de extensión e aconsellar ao alumnado que así o desexe, en calquera ámbito da vida universitaria.

Dispón de espazos abertos ao estudantado en cada unha das dúas sedes da escola, Cidade e Campus.

A Delegación proporciona os seguintes servizos:

  • Xestión de queixas e propostas
  • Servizos de impresión e escaneo
  • Plastificado de documentos
  • Encadernación
  • Préstamo de material de oficina (calculadoras, material de debuxo, regretas, alargadeiras, ratos, teclados, cargadores…)
  • Préstamo de material deportivo (raquetas e pelotas de tenis, balóns, petos…)
  • Reserva da pista polideportiva de Torrecedeira.
  • Reparto de compresas e tampóns.
  • Botiquín.
  • Reparto de máscaras cirúrxicas e FFP2.

Como nos organizamos?

A Delegación do Alumnado da EEI está formada polos seguintes órganos:

  • Xunta de Alumnado: Formada polos representantes de estudantes na EEI (delegados de curso e representantes en órganos colexiados da Universidade de Vigo). É o máximo órgano de representación estudantil da EEI.
  • Comisión Delegada: Formada pola Xunta Directiva e os estudantes que o soliciten e sexan ratificados pola mesma. É o órgano encargado de traballar para levar a cabo os fins da delegación do alumnado.
  • Xunta Directiva: Formada polo/a delegado/a e subdelegado/a de estudantes da EEI, a secretaría, a tesouraría (e vogais). Elíxea a Xunta de Alumnado e ten como función coordinar as actividades da Delegación do Alumnado.

Calquera estudante da EEI que estea interesado en colaborar coa Delegación do Alumnado nas accións que esta realiza, pode solicitalo contactando connosco.

No caso de precisar contactar coa Delegación podes facelo a través do correo delegacion@dai.uvigo.gal, pasando polo local de calquera das dúas sedes ou chamándonos aos teléfonos que aparecen a continuación:

Sede Cidade:
Na Sede Cidade a DAI está situada na planta baixa do edificio histórico, repartida entre unha sala multiusos e dous despachos.
Teléfono: 986 813 656

Sede Campus:
Na Sede Campus a DAI está situada na planta baixa xunto as máquinas expendedoras.
Teléfono: 986 812 214

Para máis información consulta a nosa páxina web dai.uvigo.gal

Documentos e enlaces