Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais

240 Créditos
4 Cursos
70 Prazas
Presencial
EUR-ACE banderolas_galega e britanica

Descrición do título

O grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais proporciona unha formación multidisciplinar cunha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos.

Esta formación facilita o acceso e a superación de estudos de Mestrado, en particular, o Mestrado en Enxeñería Industrial que, xunto con este grado, configura un programa integrado de estudos que habilita para a profesión de Enxeñeiro Industrial.

Proporciona unha base científica e tecnolóxica multidisciplinar, con formación xeneralista sólida e integradora en todas as ramas da enxeñería: mecánica, eléctrica, enerxética, electrónica, automática, de construción e instalacións, de materiais, química, de deseño, medio ambiente, organización e dirección de proxectos e empresas.

A versatilidade e capacidade de adaptación destes titulados tamén lles permite o desenvolvemento da súa formación mediante outros mestrados, como os de especialización en áreas de coñecemento tradicionais ou emerxentes (Nanotecnoloxías, Novos materiais…) ou mestrados orientados á investigación e posterior desenvolvemento do Doutoramento.

Obxectivos

  • Formar enxeñeiros cunha orientación xeralista, multidisciplinar e integradora en técnicas e tecnoloxías industriais.
  • Proporcionar ao/á graduado/a unha base sólida de coñecemento científico-técnico nas áreas relacionadas coa enxeñaría industrial que lle permita abordar a gran diversidade de problemas actuais ou futuros que xorden na industria moderna. A orientación da formación ofrece unha visión global dos distintos aspectos, procedementos e problemáticas que aparecen no deseño e mantemento de procesos produtivos e no deseño e fabricación de produtos.
  • Capacitar ao/á titulado/a para actuar dentro do ámbito do deseño de concepto de produtos e procesos industriais. O/A graduado/a terá capacidade para dirixir e desenvolver proxectos de instalación, montaxe ou explotación de equipos mecánicos, instalacións eléctricas, electrónicas e enerxéticas, analizar e mellorar produtos e procesos industriais, xestionar sistemas de calidade e de xestión ambiental, dirixir departamentos de desenvolvemento de produto, enxeñaría técnica, innovación ou estratexia, desenvolver proxectos de investigación ou innovación no ámbito industrial.

Competencias da titulación

O Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industrias proporciona coñecementos e competencias de actuación no entrono empresarial con base tecnolóxica, nun ámbito de actuación vital para o desenvolvemento económico actual.

O perfil profesional do enxeñeiro actual é dinámico e terá  que desenvolver actividades moi diversas  ao longo da súa vida profesional como consecuencia da evolución das tecnoloxías no ámbito industrial. Por este motivo é conveniente que dispoña dunha boa formación básica transversal  e os obxectivos formativos deben orientarse a desenvolver a adquisición de competencias relacionadas con coñecemento e aplicacións das tecnoloxías no ámbito empresarial.

Pódense consultar neste apartado: Competencias Grao Tecnoloxías Industriais.

Programa de excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia:

O grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais foi seleccionado para participar no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia Ultreia 2020, no que se recolle un conxunto de accións que teñen como obxectivo que as universidades galegas poidan dar un novo salto de calidade.

Ao abeiro deste plan, a partir do curso 18/19 ofértase un itinerario en inglés para que, os alumnos que o desexen, podan cursar nesta lingua ata o 80% dos créditos da titulación

Do total de prazas ofertadas, resérvanse 20 para este programa.

 Perfil de ingreso recomendado

O perfil de ingreso recomendado no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno que superase o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes calidades dentro do alumnado:

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita

Saídas profesionais

  • Estes graduados son os mellores preparados para acceder con garantía de éxito aos estudos do Mestrado en Enxeñería Industrial que outorga as atribucións plenas do enxeñeiro/a industrial.
  • Grazas a unha sólida formación científica e a unha ampla variedade de coñecementos en diversas tecnoloxías, presentan un carácter xeralista e multidisciplinar.
  • Posibilidade de desempeñar postos de responsabilidade en pemes ou formando parte de equipos de traballo multidisciplinares en calquera tipo de empresa.
  • Capacidade de integración de coñecementos de diferentes áreas para redactar e desenvolver proxectos no ámbito da enxeñería industrial.