Event Information:
-
Thu07Nov202411:30
AER Automation celebra a súa 6º Summit Anual en Vigo
Terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
A Asociación Española de Robótica e Automatización (AER Automation) organiza este evento que será un espazo clave para o diálogo e a innovación no sector da robótica e a automatización, así como unha toma de contacto imprescindible co mundo académico.
O encontro contará coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e do Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández.
Como convidada especial, asistirá a Dra. Susanne Bieller, secretaria xeral da Federación Internacional de Robótica (IFR). A benvida oficial correrá a cargo do presidente de AER Automation, Carlos Méndez.
Programa da AER 6th SummitA xornada comezará ás 11:30 horas coa recepción aos asistentes.
Ás 12:00 horas terá lugar a mesa redonda “Mellorando a competitividade da industria galega a través da innovación de impacto”, que contará coa presenza de destacadas líderes do sector, como:- Dª Patricia Moreira, Presidenta de CEAGA.
- Dª Consuelo Domínguez, Plant Director de GKN Driveline Vigo.
- Dª Josefina Alonso, Directora de Operacións de DIHGIGAL.
- Dª Ana Paul, Directora de Innovación Tecnolóxica de CTAG.
A mesa estará moderada por Mar Masulli, cofundadora e CEO de BitMetrics, membro da Xunta Directiva de AER Automation e TOP10 WOMEN by IFR. Doutra banda, o proxecto Moongirl, unha iniciativa lanzada por AER Automation en 2023 para visibilizar o papel da muller na industria, tamén terá un papel destacado neste debate.
A partir das 15:00 horas, os Pitch Clubs ofrecerán unha oportunidade única para os alumnos da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo de presentar os seus proxectos innovadores. Entre os equipos participantes inclúense CES UVigo, UVigo SpaceLab, UVigo Motorsport e UVigo Aerotech.
O evento continuará coa apertura institucional do Summit ás 16:00 horas, onde Alfonso Muñoz, Responsable de Desenvolvemento de Negocio e Xestión de Proxectos da asociación, actuará como mestre de cerimonias e coordinará a intervención dos Grupos de Traballo e Comisións de AER Automation, que se producirá ás 16:30 horas.
De 17:00 a 18:30 horas terá lugar o debate titulado “Tecnoloxía e Humanismo: o desafío da nova era”. Este debate reunirá a Javier G. Recuenco, enxeñeiro e fundador de Singular Solving, e a Jordi Vallverdú, músico e doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), nunha conversación moderada polo xornalista Aureli Vázquez.
O evento finalizará cunha sesión de Networking de 18:30 a 19:00 horas e unha cea de gala no hotel Pazo Os escudos a partir das 21:00 horas.