Master in Engineering (“Master en Ingeniería Industrial”)

120 Créditos
2 Cursos
64 Plazas
Presencial
logo abetSelo Abet mini 

Descrición do título

A prestixiosa Axencia de Acreditación de Estados Unidos ABET (Accreditation Board for Engineering and Technology), que acredita programas de enxeñería e ciencia aplicada en todo o mundo, emitiu informe positivo sobre o programa correspondente aos estudos de Mestrado en Enxeñería Industrial da EEI da Universidade de Vigo. A EEI convértese nunha das primeiras Escolas de Enxeñería que ostentan esta prestixiosa acreditación neste programa.

Ademais de proporcionar ás institucións de educación superior un mecanismo estruturado para analizar, avaliar e mellorar as súas titulacións, a acreditación ABET serve tamén aos estudantes, porque lles axuda a elixir os mellores programas. Os estudantes que se gradúan en titulacións acreditados por ABET teñen mellores oportunidades de emprego e de mobilidade global.

Para máis información consultar a ligazón: http://www.abet.org

In Spain, to get accredited as professional engineer at master level (“Ingeniero industrial”) it is necessary to study a specific Master study programme. The Master in Industrial Engineering of the EEI confers its graduates the competencies and status of Professional Engineer, as regulated by the Ministry by means of the Orden Ministerial CIN/311/2009 of 9th February 2009 and published in the State Official Bulletin-BOE nº 42 of 18/02/2009.

This Master in Engineering of the School of Engineering-EEI was designed taking the Bachelor Degree in Technologies Engineering as the reference. Together (bachelor + master degrees) they configure an integrated study programme.

It has a duration of two years and 120 ECTS, distributed in 5 modules and a Master’s Thesis:

  • Compulsory Module (6 ECTS)
  • Industrial Technologies module (30 ECTS)
  • Installations, Plants and Construction module (15 ECTS)
  • Management module (15 ECTS)
  • Levelling module/Elective track module (30 ECTS)
  • Master’s Thesis (24 ECTS)

Obxectivos

  • Garantir a adquisición das competencias necesarias para exercer a correspondiente profesión.
  • Adquirir unha ampla formación de carácter transversal e multidisciplinar para poder desenvolver de maneira plena e con todas as garantías calquera proxecto do ámbito industrial. A formación científico-tecnolóxica multidisciplinar adquirida polos Enxeñeiros Industriais permítelles abordar diferentes problemas de índole tanto tecnolóxico como de xestión nunha grande diversidade de sectores industriais.

Competencias da titulación

O Mestrado en Enxeñería Industrial está especificamente deseñado para preparar a enxeñeiros industriais, dotándoos dunha serie de competencias adecuadas ás esixencias da profesión que van desempeñar e para a que habilita o título.

Os estudantes deben adquirir estas competencias que son necesarias para outorgar o título.

Pódense consultar neste apartado: Competencias MEI.

Perfil de acceso

As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:

  • Grupo 1: Titulados do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da EEI
  • Grupo 2: Titulados dos restantes Graos da EEI
  • Grupo 3: Outros titulados

Dentro de cada un dos grupos, os alumnos ordenaranse acorde coa fórmula seguinte:

[nota media expediente alumno/nota media do seu grao]

Requisitos de acceso:

  • Todos os alumnos deberán acreditar un nivel de inglés B1 ou equivalente para ser admitidos no Mestrado