-
Sat24Oct2026Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus
Unha viaxe pola historia - o gran reencontro
En outubro de 1976 comezaban os estudos de Enxeñaría Industrial en Vigo. Cincuenta anos despois, queremos celebrar este fito coa comunidade que, ao longo de cinco décadas, contribuíu a construír esta historia.
📅 Sábado 24 de outubro
📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus
A celebración terá como acto central un encontro aberto ás diferentes xeracións de estudantes, persoas egresadas, profesorado, persoal e demais persoas vinculadas á Escola, que co seu esforzo e compromiso contribuíron a construír estes cincuenta anos de historia, formación, innovación e desenvolvemento.
Programa
10:45 h | Recepción e acreditación
Benvida no vestíbulo, con exposición de orlas e fotografías históricas. Haberá tamén espazos para empresas e networking desde o primeiro momento.
Prégase puntualidade, xa que o acto dará comezo ás 11:00 h.
11:00 h | Apertura oficial e saúdo institucionalBenvida a cargo da dirección da Escola, acompañada da representación institucional. Presentación do fío condutor do acto: «Naceu, viviu, o futuro por vir».
11:15 h | Mesa redonda «Fixeron escola»Profesorado xubilado que marcou varias xeracións e directivos de empresas compartirán lembranzas, anécdotas e reflexións sobre o futuro da enxeñaría, nunha conversa moderada por unha persoa egresada.
12:05 h | Relatorio: industria, talento e innovaciónUnha reflexión sobre o papel da enxeñaría no Vigo da próxima década, a cargo dun alto directivo empresarial (duración aproximada: 20 minutos).
12:30 h | Presentación do libro do 50º aniversarioO profesor Luis Espada, director do Observatorio de Persoas Egresadas, presentará o libro elaborado polo Observatorio, que recolle medio século de historia dos estudos de enxería industrial.
13:00 h | Cóctel e petiscoTras o acto institucional, as persoas asistentes poderán compartir un aperitivo nun espazo distendido para o reencontro, a conversa e o intercambio de lembranzas e experiencias entre as distintas xeracións da comunidade da EEI.
A asistencia ao acto do 24 de outubro require inscrición previa.
Podes consultar máis información e formalizar a inscrición a través do seguinte formulario:Formulario de inscrición – Acto do 50º aniversario (24 de outubro)
-
Tue20Oct2026Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus
Un encontro coa historia - viaxando no tempo
📅 20 de outubro
📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus
Un primeiro encontro aberto á comunidade para poñer en valor a traxectoria da Enxeñería Industrial en Vigo e a súa contribución ao desenvolvemento industrial, tecnolóxico e social da nosa contorna.
Entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.
A Escola abre as súas portas para viaxar no tempo. Alumnado, profesorado e persoas egresadas percorrerán a Escola dos seus primeiros anos, recuperarán a moda de diferentes décadas e celebrarán xuntos medio século de historia, nunha xornada que terá como escenario o vestíbulo da Escola.
Programa
12:00 h | Inmersión na Escola da épocaViaxe no tempo aos primeiros anos da Escola, con aulas e espazos ambientados nos anos 70. Material docente, apuntamentos, regras de cálculo e fotografías da época permitirán descubrir como se estudaba Enxeñaría Industrial naquela época.
12:30 h | Radio en directo desde o vestíbuloEmisión en directo ata as 14:00 h, con entrevistas a persoas de diferentes promocións, música de época e fotografías que repasan os 50 anos de historia dos estudos de Enxeñaría Industrial.
13:00 h | Concurso de vestimenta de épocaO alumnado recuperará a moda das diferentes décadas da Escola, desde os anos 70 ata a actualidade, nun desfile no vestíbulo que será retransmitido en directo pola radio. Haberá un premio á mellor caracterización.
-
Thu15Oct2026
Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo na UVigo
Esta formación presencial e dinámica terá lugar o xoves 15 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus.
A formación ofrece recursos prácticos para sensibilizar e capacitar o alumnado na identificación e comprensión das violencias machistas no contexto universitario, con especial atención ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo. Así mesmo, promove a adquisición de ferramentas para recoñecer, previr e actuar ante estas situacións no día a día.
Pode consultarse máis información na seguinte ligazón: Programa formativo Voces de cambio.




