Estruturas Industriais, Oil & Gas e Enerxía. Unha experiencia real

Xoves 27 de abril de 2023 na Aula de Medios Audiovisuais da EEI – Sede Cidade (por razóns de aforo é posible que se traslade á Aula 00) .
 
 
Roberto Álvarez impartirá o xoves 27 de abril, ás 17:30 horas o obradoiro “Estruturas industriais, Oil & Gas e Enerxía. Unha experiencia real”, no que contará as súas vivencias profesionais.
 
Roberto Álvarez é Enxeñeiro Técnico Industrial, egresado da nosa Escola, con 20 anos de traxectoria profesional. Traballou para nove compañías: dende pemes galegas, empresas instaladoras, talleres de estrutura metálica, construtoras, oficinas técnicas, ata varias multinacionais dos sectores Oil & Gas e Enerxía. Desenvolveu o seu traballo en Madrid, Ámsterdam e Reino Unido. Actualmente é enxeñeiro de cliente para EDF Energy no proxecto de construción dunha planta nuclear (Hinkley Point C) en Reino Unido, cun orzamento de 23.000 millóns de Libras.
 
Roberto é membro do American Institute of Steel Construction (AISC, USA), da Institution of Civil Engineers (ICE, UK) e do Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Madrid (COGITIM).
 

Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.