Contacto
Coordinadora
Cristina Trillo Yáñez
e-mail: eei.asuntosxerais@uvigo.gal
Itinerario en inglés
O Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais pode cursarse en galego/castelán ou mediante un itinerario en inglés. O alumnado que escolla esta modalidade poderá realizar máis do 80 % dos créditos da titulación neste idioma.
O plan de estudos é idéntico nas dúas opcións, a única diferenza reside no idioma no que se imparte a docencia.
Descrición do título
O grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais proporciona unha formación multidisciplinar cunha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos.
Esta formación facilita o acceso e a superación de estudos de Mestrado, en particular, o Mestrado en Enxeñería Industrial que, xunto con este grado, configura un programa integrado de estudos que habilita para a profesión de Enxeñeiro Industrial.
Proporciona unha base científica e tecnolóxica multidisciplinar, con formación xeneralista sólida e integradora en todas as ramas da enxeñería: mecánica, eléctrica, enerxética, electrónica, automática, de construción e instalacións, de materiais, química, de deseño, medio ambiente, organización e dirección de proxectos e empresas.
A versatilidade e capacidade de adaptación destes titulados tamén lles permite o desenvolvemento da súa formación mediante outros mestrados, como os de especialización en áreas de coñecemento tradicionais ou emerxentes (Nanotecnoloxías, Novos materiais…) ou mestrados orientados á investigación e posterior desenvolvemento do Doutoramento.
Obxectivos
- Formar enxeñeiros cunha orientación xeralista, multidisciplinar e integradora en técnicas e tecnoloxías industriais.
- Proporcionar ao/á graduado/a unha base sólida de coñecemento científico-técnico nas áreas relacionadas coa enxeñaría industrial que lle permita abordar a gran diversidade de problemas actuais ou futuros que xorden na industria moderna. A orientación da formación ofrece unha visión global dos distintos aspectos, procedementos e problemáticas que aparecen no deseño e mantemento de procesos produtivos e no deseño e fabricación de produtos.
- Capacitar ao/á titulado/a para actuar dentro do ámbito do deseño de concepto de produtos e procesos industriais. O/A graduado/a terá capacidade para dirixir e desenvolver proxectos de instalación, montaxe ou explotación de equipos mecánicos, instalacións eléctricas, electrónicas e enerxéticas, analizar e mellorar produtos e procesos industriais, xestionar sistemas de calidade e de xestión ambiental, dirixir departamentos de desenvolvemento de produto, enxeñaría técnica, innovación ou estratexia, desenvolver proxectos de investigación ou innovación no ámbito industrial.
Competencias da titulación
O Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industrias proporciona coñecementos e competencias de actuación no entrono empresarial con base tecnolóxica, nun ámbito de actuación vital para o desenvolvemento económico actual.
O perfil profesional do enxeñeiro actual é dinámico e terá que desenvolver actividades moi diversas ao longo da súa vida profesional como consecuencia da evolución das tecnoloxías no ámbito industrial. Por este motivo é conveniente que dispoña dunha boa formación básica transversal e os obxectivos formativos deben orientarse a desenvolver a adquisición de competencias relacionadas con coñecemento e aplicacións das tecnoloxías no ámbito empresarial.
Pódense consultar neste apartado: Competencias Grao Tecnoloxías Industriais.
Perfil de ingreso recomendado
O perfil de ingreso recomendado no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno que superase o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes cualidades dentro do alumnado:
- Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática.
- Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita.
- Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés).
- Inquietude, curiosidade e iniciativa propia.
- Capacidade de traballo en grupo.
- Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita.
Saídas profesionais
- Estes graduados son os mellores preparados para acceder con garantía de éxito aos estudos do Mestrado en Enxeñería Industrial que outorga as atribucións plenas do enxeñeiro/a industrial.
- Grazas a unha sólida formación científica e a unha ampla variedade de coñecementos en diversas tecnoloxías, presentan un carácter xeralista e multidisciplinar.
- Posibilidade de desempeñar postos de responsabilidade en pemes ou formando parte de equipos de traballo multidisciplinares en calquera tipo de empresa.
- Capacidade de integración de coñecementos de diferentes áreas para redactar e desenvolver proxectos no ámbito da enxeñería industrial.
Planificación académica
Podes consultar a planificación na seguinte ligazón: planificación académica




