Resultados de aprendizaxe do Mestrado en Fabricación aditiva
Coñecementos
Definir os métodos de impresión e os criterios de seguridade e eficiencia para adaptar o deseño dos obxectos á impresión 3D.
Identificar as vantaxes da produción de obxectos por impresión 3D para avaliar o rendemento na súa fabricación.
Identificar os requisitos de produción para adaptalos aos novos sistemas de produción aditiva.
Definir os requisitos de calidade, seguridade e medio ambiente en contornas de fabricación aditiva para integralos no sistema de xestión de control da produción.
Identificar as características dos obxectos fabricados mediante impresión 3D a través do estudo da súa estrutura e das súas funcións.
Realizar procesos de simulación e modelado para o deseño 3D e prototipado de materiais, así como para a simulación de estruturas e procesos de fabricación.
Definir os requirimentos técnicos dos diferentes produtos que se queren desenvolver e seleccionar as ferramentas e tecnoloxías de fabricación aditiva máis adecuadas.
Identificar as etapas do proceso produtivo de fabricación aditiva.
Definir o método de impresión 3D tendo en cuenta as características do obxecto que se vai producir.
Realizar adaptacións do deseño do obxecto tendo en conta o método de impresión utilizado e os correspondentes criterios de seguridade, eficiencia e sustentabilidade.
Recoñecer as posibilidades da fabricación aditiva fronte á fabricación tradicional.
Habilidades
Coñecer e aplicar técnicas de caracterización e análise de materiais (metais, cerámicas, composites, polímeros…) co obxectivo de comprender as súas propiedades e identificar usos potenciais.
Coñecer e aplicar a normativa legal e ambiental, establecendo protocolos para a xestión dos residuos xerados no proceso de fabricación dos produtos.
Identificar oportunidades para a creación de novos deseños a partir das posibilidades que ofrecen as novas técnicas de deseño e impresión da fabricación aditiva.
Seleccionar materiais para aplicacións concretas de manufactura a partir das especificacións das ferramentas e impresoras de manufactura aditiva que empregar, así como dos diferentes tipos de modelados existentes.
Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.
Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder os retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
Analizar as características dos obxectos que se van producir para seleccionar o método de impresión máis adecuado.
Fabricar obxectos e elementos mediante impresión 3D aplicando técnicas de enxeñería inversa para mellorar os procesos produtivos.
Reparar pezas de alto valor engadido e producir pezas de substitución a través do emprego de ferramentas e tecnoloxías de fabricación aditiva.
Aplicar técnicas de enxeñería inversa para reproducir elementos mediante impresión 3D.
Competencias
Elaborar documentación técnica e administrativa de acordo coa lexislación vixente e cos requirimentos do cliente. Cumprir coa lexislación vixente que regula a normativa da fabricación aditiva.
Avaliar os custos económicos e as oportunidades de negocio derivadas da aplicación da fabricación aditiva tanto nos procesos de produción como nos de I+D+i.
Defender e asegurar o cumprimento da normativa legal e ambiental, así como dos requirimentos de calidade dos materiais, procesos e produtos.
Combinar e integrar diferentes tecnoloxías nos procesos de fabricación aditiva.
Avaliar e comparar os requirimentos das diferentes tecnoloxías de fabricación aditiva existentes no mercado para a súa selección nos procesos de produción.
Deseñar os diferentes produtos en función dos requirimentos técnicos que ofrecen as diferentes ferramentas e tecnoloxías de fabricación aditiva.
Deseñar e redefinir obxectos utilizando ferramentas de deseño paramétrico para realizar impresión 3D.
Integrar o sistema de fabricación aditiva no sistema de xestión de control da produción da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e medio ambiente.
Inspeccionar os produtos ou pezas fabricadas co fin de verificar o cumprimento das normas de calidade e o cumprimento das características técnicas establecidas.
Avaliar e aplicar os procedementos para a avaliación da seguridade, durabilidade e ciclo de vida dos materiais.
Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade, de accesibilidade universal e de «deseño para todas as persoas», nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.