Alumnos procedentes do Grao en Tecnoloxías Industriais

Os alumnos procedentes do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo realizarán o seguinte itinerario:

Denominación Código  Nº Créditos
 Módulo Obrigatorio  OB 6 ECTS
 Módulo de Tecnoloxías Industriais TrTI 30 ECTS
 Módulo de Xestión TrG 15 ECTS
 Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións TrIPC 15 ECTS
 Módulo de Orientación OR 30 ECTS
 Traballo Fin de Mestrado TFM 24 ECTS

O módulo de orientación consta de varias materias que aportarán unha orientación xa que estos alumnos teñen unha formación de carácter xeral en enxeñería industrial e deberán adquirir un perfil específico durante o mestrado.

Ofrécense seis orientacións de tal xeito que deberán elixir unha delas e superala totalmente para a obtención do título de mestrado:

  • Deseño e Fabricación
  • Electrónica e Automática
  • Construción e Instalacións
  • Mecánica
  • Organización Industrial
  • Tecnoloxía Eléctrica