Os alumnos procedentes dos Graos Especialistas do ámbito industrial da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo realizarán o seguinte itinerario:
Denominación | Código | Nº Créditos |
Módulo de Adaptación | ADP | 30 ECTS |
Módulo Obrigatorio | OB | 6 ECTS |
Módulo de Tecnoloxías Industriais | TrTI | 30 ECTS |
Módulo de Xestión | TrG | 15 ECTS |
Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións | TrIPC | 15 ECTS |
Traballo Fin de Mestrado | TFM | 24 ECTS |
O módulo de adaptación consta de materias diversas para adaptar aos alumnos procedentes dos Graos Especialistas da EEI para que poidan afrontar con garantías as materias troncais dos módulos de Tecnoloxías industriais, de xestión e de instalacións, plantas e construción. As materias deste bloque varían en función do grao de procedencia do alumno.