Competencias do Mestrado en Enxeñería Biomédica

Competencias básicas:

  • CB1 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • CB3 – Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • CB4 – Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • CB5 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Competencias xerais:

  • CG1 – Capacidade para deseñar, desenvolver, implementar, xestionar e mellorar produtos e procesos, por medio de técnicas analíticas, computacionais ou experimentais apropiadas.
  • CG2 – Capacidade para dirixir actividades relacionadas coa competencia CG1.
  • CG3 – Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  • CG4 – Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería biomédica.
  • CG5 – Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
  • CG6 – Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  • CG7 – Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  • CG8 – Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  • CG9 – Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  • CG10 – Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación relativa ao ámbito da Enxeñería Biomédica.
  • CG11 – Recoñecer as responsabilidades éticas e profesionais en situacións de enxeñería biomédica e de emitir xuízos informados, que deben considerar o impacto das solucións de enxeñería biomédica en contextos globais, económicos, ambientais e sociais.
  • CG12 – Operar eficazmente nun equipo multidisciplinar cuxos membros, xuntos, exercen o liderado, crean unha contorna de colaboración e inclusión, establecen metas, planifican tarefas e cumpren obxectivos

Competencias transversais:

  • CT1 – Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  • CT2 – Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
  • CT3 – Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Competencias específicas:

  • CE1 – Capacidade para deseñar, implementar e xestionar experimentos adecuados, analizar os seus resultados e sacar conclusións no ámbito da enxeñería biomédica.
  • CE2 – Capacidade para modelizar matematicamente os sistemas e procesos complexos no ámbito da enxeñería biomédica.
  • CE3 – Capacidade para seleccionar e aplicar métodos avanzados de modelado para o deseño e simulación de sistemas biomédicos.
  • CE4 – Coñecemento e capacidade para o deseño e análise de sistemas, sensores e técnicas para diagnóstico, terapia e monitoraxe.
  • CE5 – Capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético baseados na antropometría do corpo humano e as leis mecánicas do movemento.
  • CE6 – Coñecemento de enxeñería tisular e capacidade para a análise, manexo e deseño de biomateriais con propiedades avanzadas e resposta a estímulos.
  • CE7 – Coñecemento e capacidade para aplicar os principios de xeración de radiación, interacción radiación-materia e ultrasóns.
  • CE8 – Coñecemento e capacidade para coñecer métodos de control e regulación e para aplicar técnicas avanzadas de análise dinámica.
  • CE9 – Coñecemento da fundamentación biofísica, a análise teórica e modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos.
  • CE10 – Coñecemento e capacidade para a aplicación dos principios da electroquímica no ámbito biomédico.
  • CE11 – Capacidade para analizar e interpretar os sinais e as imaxes do ámbito da biomedicina.
  • CE12 – Capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade dos produtos sanitarios e capacidade creativa para desenvolver ideas e métodos novos e orixinais na área biomédica
  • CE13 – Capacidade para identificar as necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñería clínica nos centros sanitarios.
  • CE14 –  Capacidade para aplicar o deseño de enxeñería biomédica para producir solucións que satisfagan necesidades específicas tendo en conta a saúde, a seguridade e o benestar públicos, así como factores globais, culturais, sociais, ambientais e económicos.

Competencias Abet:

De forma adicional e coa finalidade de que a titulación de Mestrado en Enxeñería Biomédica acredítese mediante os selos internacionais ABET,  correlaciónanse as competencias do título que están relacionadas coas competencias ABET:

Relación de competencias ABET e adquisición destas a través das Competencias do título
ABET 1. an ability to identify, formulate, and solve complex biomedical engineering problems by applying principles of engineering, science, and mathematics. CB2, CG4
ABET 2. an ability to apply biomedical engineering design to produce solutions that meet specified needs with consideration of public health, safety, and welfare, as well as global, cultural, social, environmental, and economic factors . CE14
ABET 3. an ability to communicate effectively with a range of audiences. CB4
ABET 4. an ability to recognize ethical and professional responsibilities in biomedical engineering situations and make informed judgments, which must consider the impact of biomedical engineering solutions in global, economic, environmental, and societal contexts. CG11
ABET 5. an ability to function effectively on a multidisciplinary team whose members together provide leadership, create a collaborative and inclusive environment, establish goals, plan tasks, and meet objectives. CG12
ABET 6. an ability to develop and conduct appropriate experimentation, analyze and interpret data, and use engineering judgment to draw conclusions.  CE1
ABET 7. an ability to acquire and apply new knowledge as needed, using appropriate learning strategies.  CB5