Información e apoio ao estudante

Información sobre o seguro escolar A información sobre o seguro escolar pode consultarse na web da Universidade de Vigo ou na sección de Prácticas Externas da nosa web. Información sobre o servizo de asesoramento e promoción do estudante Desde a Universidade de Vigo: Gabinete Psicopedagóxico: a disposición dos estudantes para orientarlles e asistirlles tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Preténdense os seguintes obxectivos: Asesorar aos estudantes na planificación e desenvolvemento da súa traxectoria académica e profesional. Adecuar e optimizar as decisións académicas, maximizando a variedade de as posibilidades das saídas profesionais. Incrementar os niveis de autoestima e …

Continuar lendo

¿Por que elixirnos?

Oferta formativa Porque temos unha ampla oferta educativa no ámbito tecnolóxico que aporta unha formación multidisciplinar, práctica e de calidade ós nosos alumnos. Experiencia Porque temos máis de 111 anos de historia na ensinanza da disciplina da Enxeñería Industrial. Instalacións Porque a Escola non é só un centro de estudos senón un espazo multidisciplinar. Dispoñemos de numerosas instalacións que che resultarán útiles durante o teu período de formación (seminarios, aulas informáticas, laboratorios tecnolóxicos, salas de estudo, biblioteca,…) Documentos e enlaces Vídeo: Experiencias profesionais de antigos alumnos

Continuar lendo

Actividades de acollida 2024/2025

As actividades académicas de acollida para o alumnado de primeiro curso, que se matricula por primeira vez nun dos Graos da nosa Escola, están programadas para os seguintes días: Mércores 4 de setembro – Sede Cidade. Xoves 5 de setembro – Sede Campus. Para asistir a esta xornada debes facer o rexistro no seguinte formulario antes do 1 de setembro: rexistro actividades de acollida. Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información relativa a túa procedencia, que nos axude a seguir mellorando no proceso formativo, agradecémosche que cubras o seguinte formulario: enquisa alumnado novo ingreso. A programación detallada destas …

Continuar lendo

Buscar Aloxamento

O Campus Universitario de Vigo atópase a uns 15 km. do centro da cidade de Vigo. Xunto á decena de escolas e facultades, neste campus, localízanse o edificio da Reitoría, o de Servizos Centrais, a biblioteca central, o centro comercial e as instalacións deportivas. Ademais, no mesmo centro da cidade de Vigo, a Universidade conta con instalacións docentes como a Sede Cidade da EEI. RESIDENCIAS Complexo Residencial O Castro Campus Universitario Lagoas-Marcosende Teléfono: 986 031 000 Fax: 986 031 001 E-mail: ocastro@resa.es https://www.resa.es/gl/residencias/vigo/residencia-universitaria-o-castro/residencia/ A Universidade de Vigo conta cunha residencia pública situada no Campus Universitario de Lagoas-Marcosende, moi preto da …

Continuar lendo

Listado materias optativas 4º curso

As materias optativas xerais de 4º curso, común a tódolos Graos que se imparten na EEI son as seguintes:  Materia 1º parte 2º parte  Compoñentes eléctricos de vehículos Campus Cidade  Inglés técnico I Cidade Campus  Inglés técnico II Campus Cidade  Metodoloxía para a elaboración, presentación e xestión de traballos técnicos Cidade Campus (inglés)  Programación avanzada para a enxeñería Cidade Campus  Seguridade e hixiene industrial Cidade Campus  Tecnoloxía láser Campus Cidade (inglés)    

Continuar lendo

Planificación Académica

A organización docente apróbase pola Comisión Permanente da Escola antes do comezo de cada curso académico, de tal xeito que os estudantes poidan dispoñer daquela información relativa ao desenvolvemento da actividade académica antes de formalizar a súa matrícula. É moi importante estar atento a esta información ao longo do curso por se se tivese producido algún axuste ou modificación por causas sobrevidas. Aulas virtuais ‘campus remoto’ Salas do profesorado Salas Sede Campus Salas Sede Cidade Acceso Campus Remoto Planificación Académica curso 2024/25 Elección de grupo. Actividades de acollida. Calendario Académico. Horarios. Calendario Exames. Guías Docentes. Documentos e enlaces Normativa de …

Continuar lendo

Traballo Fin de Mestrado

Como requisito indispensable para a obtención do título de Mestrado en Enxeñería Industrial, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 24 ECTS. O TFM debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable. Matrícula TFM Deberá ser formalizada antes de poder comezar a …

Continuar lendo

Prácticas en empresas

As prácticas en empresas teñen como finalidade facilitar a preparación para o exercicio profesional dos alumnos nas áreas operativas das empresas relacionadas coa súa formación universitaria, aportando un coñecemento real das tarefas e funcionamento das empresas, promovendo así o seu futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral. Máis info: Prácticas e emprego

Continuar lendo

Competición de Robots da EEI

Presentación A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo celebra o X Aniversario da súa competición de robots co lanzamento dunha nova edición, a 8ª, e queremos que sexa unha xornada moi especial na que podamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos centros educativos da nosa comunidade. Grazas ao entusiasmo de todas as persoas dos centros educativos, que traballaron e involucráronse en espertar nos mozos e mozas o interese pola tecnoloxía e a robótica, o que fixo posible que, o que comezou sendo no ano 2014 unha ‘aventura’, sexa hoxe unha competición de referencia na nosa comunidade. …

Continuar lendo

Graduación EEI

Xa están en marcha os preparativos para o acto de graduación do curso 2023/24. A data prevista para a celebración deste acto é o luns 10 de xuño de 2024. Para que poidades asistir ao acto de graduación, deberedes facer o rexistro no seguinte formulario, o prazo ampliouse ata o luns 22 de abril, e cumprir os requisitos que se detallan a continuación. Requisitos para graduarse: Estar matriculado nunha titulación da EEI. Estar matriculado de todas as materias do último curso salvo do TFG e das Prácticas en empresa. O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, 180 dos créditos …

Continuar lendo