Buscar Aloxamento

O Campus Universitario de Vigo atópase a uns 15 km. do centro da cidade de Vigo. Xunto á decena de escolas e facultades, neste campus, localízanse o edificio da Reitoría, o de Servizos Centrais, a biblioteca central, o centro comercial e as instalacións deportivas. Ademais, no mesmo centro da cidade de Vigo, a Universidade conta con instalacións docentes como a Sede Cidade da EEI.

RESIDENCIAS

RESA

Complexo Residencial O Castro
Campus Universitario Lagoas-Marcosende
Teléfono: 986 031 000
Fax: 986 031 001
E-mail: ocastro@resa.es
https://www.resa.es/gl/residencias/vigo/residencia-universitaria-o-castro/residencia/

A Universidade de Vigo conta cunha residencia pública situada no Campus Universitario de Lagoas-Marcosende, moi preto da Sede Campus da EEI.

A residencia dispón de 218 prazas distribuídas en 19 apartamentos individuais e 199 apartamentos con cociña compartida.

altamar

Residencia Xuvenil Altamar
Rúa Cesáreo González, 4. Vigo
Teléfono: 986 290 808
Fax: 986 211 595
http://xuventude.xunta.es/albergues-e-residencias/residencia-de-vigo

En pleno centro de Vigo, moi próxima á Sede Cidade da EEI, atópase a Residencia xuvenil Altamar que depende da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que funciona como residencia para mozas e mozos estudantes durante o curso lectivo.

As habitacións son dobres e o baño compartido cada dous cuartos. Teñen servizo de comedor, biblioteca, salón de actos, sala de ordenadores e pistas deportivas.

ALUGUER DE PISO

Poderás buscar tamén un piso para alugar ou un cuarto nun piso compartido, hai moitos dispoñibles polo que non terás ningún problema para atopar algún que che guste.

A Universidade de Vigo ten unha páxina onde poderás consultar toda oferta de aloxamentos disponibles.

No seguinte mapa poderás consultar as zonas máis interesantes para vivir en Vigo xa que están preto das zonas de ocio e das paradas do autobús urbano para chegar á escola.


Ver Aloxamento en un mapa más grande