Aínda que as actividades de acollida son recomendables, non teñen o carácter de obrigatorias. É por iso que, no caso de ter algún problema para asistir ou se tes algún síntoma que poida poñer en risco ás persoas asistentes, poderás consultar a información que tamén estará dispoñible na web da Escola. Aínda que é posible que xa se saiban moitas das cousas que imos contar, a experiencia dinos que nunca está de máis coñecer algunhas máis e tamén aquelas novidades a ter en conta. Por outra banda, este vindeiro curso voltará estar marcado por unha serie de aspectos e normativas derivadas da situación sanitaria na que nos atopamos. Polo ben de todas as persoas que formamos parte da comunidade universitaria é moi importante que coñezamos certas normas e recomendacións sobre o desenvolvemento da docencia. O papel de cada un de nós é esencial para seguir garantindo que a docencia poida transcorrer de xeito seguro dentro da ‘nova normalidade’ na que nos atopamos.
As actividades académicas de acollida para o alumnado de Graos e Mestrados Académicos da EEI matriculados no curso 2021/2022 terán lugar do 6 ao 10 de setembro.
A programación detallada destas actividades podes consultalas na seguinte ligazón. Pola situación na que nos atopamos, indícase a sesión á que debe asistir cada estudante, e así poder cumprir cos protocolos establecidos. Recoméndase estar atento ás novas da web da Escola por se houbese algunha modificación ou axuste. Debido á situación na que nos atopamos, debes permanecer sempre atento á páxina web por se houbese algún cambio.
Para asistir ás xornadas debes facer o rexistro no seguinte formulario: rexistro actividades acollida.
A actividade docente (clases) comezará a partir do luns 13 de setembro de acordo coa planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI.
Na EEI estamos a traballar para que o desenvolvemento da actividade póidase desenvolver dun xeito seguro e co mellor aproveitamento, pero é moi importante a colaboración de todas as persoas. O teu papel é moi importante para, entre todas as partes, superar as dificultades que supón a delicada situación na que nos atopamos.