Actividades de acollida 2024/2025

As actividades académicas de acollida para o alumnado de primeiro curso, que se matricula por primeira vez nun dos Graos da nosa Escola, están programadas para os seguintes días:

  • Mércores 4 de setembro – Sede Cidade.
  • Xoves 5 de setembro – Sede Campus.

Para asistir a esta xornada debes facer o rexistro no seguinte formulario antes do 1 de setembro: rexistro actividades de acollida.

Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información relativa a túa procedencia, que nos axude a seguir mellorando no proceso formativo, agradecémosche que cubras o seguinte formulario: enquisa alumnado novo ingreso.

A programación detallada destas actividades estase a planificar e publicarase coa suficiente antelación ás mesmas. Recoméndase estar sempre atento ás novas da web da Escola por se houbese algunha modificación ou axuste.

A actividade docente (clases) comezará a partir do luns 9 de setembro de 2024 de acordo coa planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI.

Proximamente publicaremos toda a información relativa ás xornadas de acollida para o alumnado de continuación de estudos e  dos mestrados.

Documentos e enlaces