¿Quen somos?
ISA-Uvigo é unha asociación sen ánimo de lucro de índole científico-técnico que promove a difusión do coñecemento no eido da monitorización e o control de procesos. Esta asociación realiza diferentes tipos de actividades:
- cursos a nivel profesional
- visitas a empresas no eido do control e a seguridade
- seminarios de actualidade no eido dos procesos químicos e xornadas técnicas
- grupos de traballo sobre temas específicos de control e instrumentación
- recompilación e reenvío de información web de interese técnico e académico a todos os seus socios
¿Que é ISA?
ISA (International Society of Automation) fundada en 1945, é unha organización internacional sen ánimo de lucro enfocada a axudar aos máis de 30.000 membros repartidos por todo o mundo e a todos os profesionais do sector a resolver os seus problemas, a mellorar os seus coñecementos, capacidade de liderado e favorecer en xeral o seu desenvolvemento profesional.
ISA encárgase tamén do desenvolvemento de estándares relacionados co mundo da instrumentación, o control e a automatización en xeral. Así mesmo, proporciona formación e publica numerosos libros, revistas e artigos técnicos para a divulgación do coñecemento en todo o mundo.
ISA tamén organiza feiras e conferencias internacionais, co obxectivo de destacar as últimas novidades tecnolóxicas, tendencias e solucións reais aos problemas de máis actualidade nas materias de produción, enxeñería e xestión.
ISA conta con diversas divisións técnicas, dirixidas a 12 sectores industriais e a 10 tecnoloxías diferentes.
Vantaxes de pertencer a ISA-UVIGO
Ser socio de ISA ten unha serie de vantaxes como son:
- Acceso á bolsa de emprego das empresas pertencentes a ISA-España
- Preferencia na adxudicación de bolsas para a participación en actividades da sección profesional (cursos de formación, mesas redondas, reunións técnicas,…)
- Preferencia para a realización de prácticas en empresas asociadas a ISA
- Contacto con profesionais do sector
- Conferencias
- Colaboración con outras seccións de estudantes
- Aceso á biblioteca de control e instrumentación
- Visitas a empresas
- Descontos en inscricións para actividades formativas, material bibliográfico e estándares
- Cursos de formación da sección de estudantes
Sección española de ISA
A sección española de ISA é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, á que poden pertencer todas aquelas persoas que o desexen e que se atopen interesadas na medida, automatización e xestión de procesos. A sección española de ISA está formada actualmente por mais de 400 profesionais asociados e conta con aproximadamente medio centenar de empresas patrocinadoras.
Como parte de ISA, a súa misión consiste no fomento do progreso das tecnoloxías relacionadas co deseño, fabricación, subministro e uso dos equipos, sistemas e procedementos relacionados con esta actividade; a difusión do seu coñecemento e o intercambio de información de interese para os profesionais do sector.