Sección de Estudiantes ISA

¿Quen somos?

ISA-Uvigo é unha asociación sen ánimo de lucro de índole científico-técnico que promove a difusión do coñecemento no eido da monitorización e o control de procesos. Esta asociación realiza diferentes tipos de actividades:

  • cursos a nivel profesional
  • visitas a empresas no eido do control e a seguridade
  • seminarios de actualidade no eido dos procesos químicos e xornadas técnicas
  • grupos de traballo sobre temas específicos de control e instrumentación
  • recompilación e reenvío de información web de interese técnico e académico a todos os seus socios

¿Que é ISA?

ISA (International Society of Automation) fundada en 1945, é unha organización internacional sen ánimo de lucro enfocada a axudar aos máis de 30.000 membros repartidos por todo o mundo e a todos os profesionais do sector a resolver os seus problemas, a mellorar os seus coñecementos, capacidade de liderado e favorecer en xeral o seu desenvolvemento profesional.

ISA encárgase tamén do desenvolvemento de estándares relacionados co mundo da instrumentación, o control e a automatización en xeral. Así mesmo, proporciona formación e publica numerosos libros, revistas e artigos técnicos para a divulgación do coñecemento en todo o mundo.

ISA tamén organiza feiras e conferencias internacionais, co obxectivo de destacar as últimas novidades tecnolóxicas, tendencias e solucións reais aos problemas de máis actualidade nas materias de produción, enxeñería e xestión.

ISA conta con diversas divisións técnicas, dirixidas a 12 sectores industriais e a 10 tecnoloxías diferentes.

Vantaxes de pertencer a ISA-UVIGO

Ser socio de ISA ten unha serie de vantaxes como son:

  • Acceso á bolsa de emprego das empresas pertencentes a ISA-España
  • Preferencia na adxudicación de bolsas para a participación en actividades da sección profesional (cursos de formación, mesas redondas, reunións técnicas,…)
  • Preferencia para a realización de prácticas en empresas asociadas a ISA
  • Contacto con profesionais do sector
  • Conferencias
  • Colaboración con outras seccións de estudantes
  • Aceso á biblioteca de control e instrumentación
  • Visitas a empresas
  • Descontos en inscricións para actividades formativas, material bibliográfico e estándares
  • Cursos de formación da sección de estudantes

Sección española de ISA

A sección española de ISA é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, á que poden pertencer todas aquelas persoas que o desexen e que se atopen interesadas na medida, automatización e xestión de procesos. A sección española de ISA está formada actualmente por mais de 400 profesionais asociados e conta con aproximadamente medio centenar de empresas patrocinadoras.

Como parte de ISA, a súa misión consiste no fomento do progreso das tecnoloxías relacionadas co deseño, fabricación, subministro e uso dos equipos, sistemas e procedementos relacionados con esta actividade; a difusión do seu coñecemento e o intercambio de información de interese para os profesionais do sector.