Xornada das profesións 2023

O mércores 7 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Esta xornada está dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recén titulados ou nos últimos cursos.

Esta xornada celebrarase de forma presencial, no paraninfo da Escola Enxeñería Industrial Sede Cidade.

Hai 100 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición. Esta inscrición realizarase a través do seguinte formulario.

Podes consultar o programa na seguinte ligazón.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *