Do 25 ao 27 de setembro estará aberto o terceiro e último prazo de preinscrición para o curso 2023/2024 no Mestrado en Enxeñería Industrial , Mestrado en Enxeñería Biomédica e Mestrado en Fabricación Aditiva.
O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, unha profesión apaixonante, cun longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena.
Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, completando unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.
O Mestrado en Fabricación Aditiva é un título conxunto presencial desenvolvido polas Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, incluído na Guía Galicia 2030 “Perfís Profesionais de Futuro e Novas Titulacións e Especialidades”.
As listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o 3 de outubro segundo o calendario de preinscrición e matrícula.
Non deixes escapar esta última oportunidade de asegurar o teu futuro!