Sesións informativas Erasmus-prácticas

Os vindeiros días 7 e 14 de maio, como parte do Plan de Acción Titorial da EEI, celebraremos sendas reunións informativas sobre o programa Erasmus-internships (Erasmus-prácticas) que está previsto se publique proximamente.
https://eei.uvigo.es/es/internacional/programas-de-movilidad/programa-erasmus-practicas/

Presentaremos as posibilidades do programa como vehículo para prácticas extracurriculares de estudantes e egresados recentes, prácticas curriculares e preparación do TFG/TFM en mobilidade, e abrirase un turno de preguntas entre os asistentes.

Cada sesión presencial poderá seguirse tamén en liña a través do Campus Remoto.

Sesión 1: Venres 7 de maio, 13:00 h, Aula 04 da sede Campus da EEI.
Aula no Campus Remoto:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3126236521
Contrasinal de estudante: 2CVauXVc

Sesión 2: Venres 14 de maio, 12:30,  Audiovisuais da sede Cidade da EEI
Aula no Campus Remoto:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3133553857
Contrasinal de estudante: 6NpdzkKg