Diary

Event Information:

  • Fri
    25
    Sep
    2026

    G-Night 2026: achegando a ciencia e a enxeñería á cidadanía

    17:00Praza do Berbés - Edificio Redeiras

    Non perdas esta oportunidade!
     
    O vindeiro venres 25 de setembro de 2026 celebrarase unha nova edición da G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. Nesta VI edición, este evento ten como obxectivo achegar a ciencia e a investigación á cidadanía, fomentar a divulgación científica e poñer en valor a importancia da investigación para o avance da sociedade.
     
    O programa reunirá propostas de divulgación científica, demostracións e actividades participativas e a Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) estará un ano máis presente nesta cita coa ciencia.
     
    Persoal investigador e docente da EEI participará nas actividades que se desenvolverán no Edificio Redeiras e na Praza do Berbés, en Vigo, de 17:00 a 21:00 horas, compartindo coñecementos e experiencias e achegando a ciencia e a enxeñaría á cidadanía dun xeito ameno e próximo.
     
    A feira contará con actividades para todas as idades, polo que será unha ocasión perfecta para descubrir, aprender e gozar da ciencia en familia.
     

    Consulta o programa completo.

     

    Agardámoste!