Event Information:
-
Thu18Jun202610:00EEI - Sede Campus
Xornada de divulgación científica e perspectiva de xénero en enxeñaría
Un encontro para coñecer experiencias inspiradoras e novas oportunidades na carreira investigadora.
A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) e CINTECX organizan o vindeiro 18 de xuño a xornada "Claves para a Carreira Investigadora: Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría", unha actividade enmarcada no Programa Mentoring de CINTECX e na conmemoración do Día Internacional da Muller na Enxeñaría (23 de xuño).
Terá lugar na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
O encontro está dirixido ao persoal investigador predoutoral, persoas doutoradas recentemente, así como ao alumnado de TFG e TFM interesado en coñecer mellor os retos e oportunidades da carreira investigadora.
Ao longo da xornada abordaranse cuestións de especial relevancia para o desenvolvemento profesional do persoal investigador, entre elas:
- 📢 A importancia da divulgación científica na carreira investigadora.
- 🛠️ Ferramentas e boas prácticas para comunicar a investigación á sociedade.
- 🌍 Experiencias de divulgación científica e participación en proxectos europeos.
Ademais, celebrarase a mesa redonda "Divulgación científica e perspectiva de xénero en enxeñaría", na que investigadoras e profesionais de distintos ámbitos compartirán experiencias e reflexións sobre os desafíos e oportunidades para avanzar cara a unha maior visibilidade e participación das mulleres na enxeñaría.
No marco desta celebración presentarase tamén a I Edición dos Premios CINTECX–EEI-Beatrice Hicks, unha iniciativa destinada a poñer en valor referentes femininos que contribuíron a abrir camiño ás mulleres no ámbito tecnolóxico e industrial.
📍 Lugar: EEI – Sede Campus (Vigo) (pendente de confirmación)
🕙 Horario: 10:00 – 12:00 horas
🎟️ Acceso libre. Prazas limitadas ata completar aforo.
📝 As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 15 de xuño a través do formulario habilitado.




