Event Information:
-
Wed20May202609:50
XXXII Seminario de Loxística
Claves e tendencias
📅 Mércores, 20 de maio de 2026.
📍 Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus da Universidade de Vigo.
🎟️ Asistencia gratuíta.
📝 Inscrición a través deste formulario. Indicar se se desexa participar no xantar.
A Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus acolle unha nova edición do Seminario de Loxística, un encontro de referencia que reúne cada ano a profesionais e expertos do sector para compartir coñecementos, experiencias e tendencias en áreas como a cadea de subministración, a produción, a distribución e a loxística inversa.
Organizado polo Grupo en Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo, o seminario combina visión estratéxica e casos prácticos da man de profesionais de prestixio.
A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.
O programa deste ano será o seguinte:
- 9:50 horas - Inauguración a cargo de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e de D. José Carlos Prado, Director do Seminario.
- 10:00 horas - De prototipos a produción: consolidación dun produto aeronáutico.
- Héctor Estévez Pomar, Director xeral e socio en Centum Research & Technology.
- David Casasnovas Fernández, Director de operacións e socio en Centum Research & Technology.
- 11:00 horas - Retos e expectativas na distribución urbana de mercadorías.
- José Carlos Espeso Illera, Xerente de mobilidade e Distribución Urbana en AECOC.
- Mesa redonda con Sarai Rodrigo (Responsable de loxística e transportes en GADISA), Pedro Conde (Responsable de loxística de Distribución en HIJOS DE RIVERA S.A.U) e Transportista (pendente de confirmación).
- 12:00 horas - Pausa café.
- 12:30 horas - Estruturación e mellora de procesos en contornos de crecemento: casos prácticos nunha empresa do sector da construción.
- Ignacio González Montes, Adxunto á Xerencia en Plaintec Obras y Servicios.
- 13:30 horas - Cando as persoas moven a loxística: o poder dos equipos de mellora en Congalsa.
- Diego Álvarez Pérez, Director de planificación e loxística en Congalsa.
- Antía Moledo Gugliotta, Xefa de loxística en Congalsa.
- 14:30 horas. Xantar opcional en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe pendente de confirmar.
💡 Por que asistir?
- Coñece as últimas tendencias en loxística.
- Escoita experiencias reais do sector.
- Conecta con profesionais e empresas.
Agardámoste en Vigo!




