Diary

Event Information:

  • Wed
    25
    Mar
    2026

    Sesión técnica baixo o título: “O futuro é híbrido”

    12:00Salón de Actos - EEI - Sede Campus

    Impartida por Rubén Rodríguez, Head of Electric/Hybrid Powertrain Area en CTAG.
     
     

     
    A electrificación do automóbil enfróntase a grandes incertezas que poden resultar moi importantes cara ao cumprimentos dos obxectivos da axenda 2035. Os desafíos técnicos están facendo que os fabricantes europeos estean a reconsiderar as súas estratexias de transición. Ante este escenario, aínda que a meta final da UE segue centrada no coche eléctrico, o debate sobre solucións máis flexibles segue aberto e parece que colle máis forza un enfoque que pasa por alternativas híbridas.
     

    Neste escenario, son moitos os interrogantes aos que se teñen que dar resposta dunha maneira eficiente, sostible e fiable. O equipo de Fórmula Student UVigo Motorsport vén traballando arreo no desenvolvemento do novo monopraza e son moitos os retos aos que ten que dar resposta. Estamos ante unha competición que está a esixir aos equipos a introdución de importantes innovacións, pero dentro dun marco no que tamén hai moitas limitacións.
     

    Por esta razón, este mércores 25 de marzo, a partir das 12:00 horas, terá lugar no Salón de Actos da EEI – Sede Campus a conferencia “O futuro é híbrido”.
     
    Trátase dunha sesión técnica na que se abordarán aspectos relativos a arquitectura, os desafíos da integración e o rendemento do novo sistema híbrido aplicado ao deseño do monopraza de UVigo Motorsport, equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.

     
    Convidámosvos a asistir e a coñecer máis de preto o apaixonante mundo da Fórmula Student e tamén aqueles outros aspectos que nos poden afectar nos próximos anos e que poden cambiar a maneira de entender a mobilidade.