Diary

Event Information:

  • Wed
    11
    Mar
    2026

    Xornada "Hygienic TechDays"

    17:00

    Coñece como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental.
      

    Xornada organizada en colaboración con Beckhoff. Terá lugar no Salón de Actos e o Hall da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
     
    Descobre en HYGIENIC TechDays como a innovación e o deseño hixiénico transforman a industria e o teu futuro profesional.
     
    Os HYGIENIC TechDays son un espazo de aprendizaxe e actualización pensado para quen quere prepararse para os retos reais da industria.
     
    Se estás a estudar enxeñería, tecnoloxía, automatización, mecatrónica ou carreiras afíns, estas xornadas permitiranche coñecer como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental, como a industria alimentaria, farmacéutica ou cosmética.
     
    Durante o evento poderás descubrir como están a transformar a industria e xerando novas oportunidades profesionais as tecnoloxías máis avanzadas en:
     

    • Deseño hixiénico.
    • Automatización industrial.
    • Robótica.
    • Movimiento lineal.
    • Accionamentos.
    • Sistemas de transporte intelixente.

     
    Os HYGIENIC TechDays non só mostran tecnoloxía, senón que che axudan a entender como aplicar estes coñecementos en contornas reais, que perfís son máis demandados e que competencias marcarán a diferenza no teu futuro profesional.
     
    Unha oportunidade para conectar os coñecementos adquiridos nas aulas co que está a ocorrer agora mesmo na industria.
     
    Más información e inscrición no seguinte Formulario de Inscripción - Hygienic TechDays
     
    O programa previsto é o seguinte:
     

    • 17:00h: Apertura de jornada.
    • 17:10–17:30h: Stäubli Robotics – Automatización Procesos Produtivos.
    • 17:30–17:50h: Wittenstein – O accionamento ideal para cada aplicación.
    • 17:50–18:10h: COVAL – Manipulación hixiénica por vacío.
    • 18:10–18:30h: HepcoMotion – Movemento Lineal: Industria Alimentaria.
    • 18:30–18:50h: Beckhoff – Deseño hixiénico en sistemas de automatización e transporte intelixente.
    • 18:50-19:30: Peche e Visita Stands.