Event Information:
-
Fri21Nov202520:00
40 ANOS DA ENXEÑERÍA DE ORGANIZACIÓN NA EEI
5ª XORNADA: Conferencia de clausura e cea de confraternización
Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos -hoxe profesionais-, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia.
O venres 21 de novembro estes actos chegan á súa fin cunha conferencia de clausura, que terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo - Sede Campus, e unha de cea de confraternización.
A conferencia titulada "Sostibilidade en tempos de incertidume" será impartida por Dª. Rosa M. García Piñeiro, Conselleira Independente en Acerinox, Ence, Caixabank e PowerCo (Grupo VW), con máis de 25 años de experiencia executiva en minería e metais.
Se queres asistir a esta 5ª xornada, podes realizar a inscrición neste formulario.




