Event Information:
-
Thu29Oct2026Escola de Enxeñería Industrial - Sede Cidade
A historia do Destornillo revive nunha exposición na EEI
125 anos do inicio dos estudos de industriais en Vigo: recuperando unha das súas tradicións estudantís máis emblemáticas.
Unha viaxe ao pasado a través das lembranzas e das historias que marcaron varias xeracións de estudantes. A Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Cidade acollerá a presentación dunha exposición dedicada ao Destornillo, unha iniciativa que permitirá achegar ás novas xeracións unha parte da historia da Escola e da súa vinculación coa cidade de Vigo.
O Destornillo naceu en 1954 da man do alumnado da antiga Escola de Peritos Industriais de Vigo e axiña se converteu nunha celebración que transcendeu o ámbito académico. As súas características carrozas, construídas con cartón, ferro e outros materiais, percorrían as rúas da cidade facendo do humor, da sátira e da creatividade unha forma de expresión e de crítica social.
Baixo o lema «Contra todo, porque si», esta festa foi durante anos un símbolo da irreverencia e do espírito participativo do estudantado, deixando unha pegada singular na vida universitaria e cultural de Vigo.
A conmemoración dos 125 anos ofrece tamén unha oportunidade para lembrar as orixes dos estudos industriais na cidade e poñer en valor o legado das xeracións que contribuíron á historia da Escola. A presentación da exposición contará coa participación de protagonistas históricos do Destornillo, que compartirán as súas experiencias e lembranzas arredor dunha celebración que marcou toda unha época.
Programa do acto
- Benvida ao acto de inauguración da Exposición.
- Presentación da Exposición sobre "O Destornillo": cabalgata e revista.
- Intervencións de participantes históricos en "O Destornillo".
- Inauguración da Exposición.
- Peche do acto.
Información do acto
📅 Data: Xoves, 29 de outubro de 2026.
🕓 Horario: 19:30 – 20:30 horas.
📍 Lugar: EEI – Sede Cidade.
👥 Organiza: COITIVIGO.




