Diary

Event Information:

  • Wed
    20
    May
    2026

    XXXII Seminario de Loxística

    09:50

    Claves e tendencias

       

    📅 Mércores, 20 de maio de 2026.
    📍 Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus da Universidade de Vigo.
    🎟️ Asistencia gratuíta.
    📝 Inscrición a través deste formulario. Indicar se se desexa participar no xantar.
     

    A Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus acolle unha nova edición do Seminario de Loxística, un encontro de referencia que reúne cada ano a profesionais e expertos do sector para compartir coñecementos, experiencias e tendencias en áreas como a cadea de subministración, a produción, a distribución e a loxística inversa.

     

    Organizado polo Grupo en Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo, o seminario combina visión estratéxica e casos prácticos da man de profesionais de prestixio.

     

    A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.

     

    O programa deste ano será o seguinte:

     

    • 9:50 horas - Inauguración a cargo de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e de D. José Carlos Prado, Director do Seminario.
    •  

    • 10:00 horas - De prototipos a produción: consolidación dun produto aeronáutico.
      • Héctor Estévez Pomar, Director xeral e socio en Centum Research & Technology.
      • David Casasnovas Fernández, Director de operacións e socio en Centum Research & Technology.
    •  

    • 11:00 horas - Retos e expectativas na distribución urbana de mercadorías. 
      • José Carlos Espeso Illera, Xerente de mobilidade e Distribución Urbana en AECOC.
      • Mesa redonda con Sarai Rodrigo (Responsable de loxística e transportes en GADISA), Pedro Conde (Responsable de loxística de Distribución en HIJOS DE RIVERA S.A.U) e Transportista (pendente de confirmación).
    •  

    • 12:00 horas - Pausa café.
    •  

    • 12:30 horas - Estruturación e mellora de procesos en contornos de crecemento: casos prácticos nunha empresa do sector da construción.
      • Ignacio González Montes, Adxunto á Xerencia en Plaintec Obras y Servicios.
    •  

    • 13:30 horas - Cando as persoas moven a loxística: o poder dos equipos de mellora en Congalsa.
      • Diego Álvarez Pérez, Director de planificación e loxística en Congalsa.
      • Antía Moledo Gugliotta, Xefa de loxística en Congalsa.
    •  

    • 14:30 horas. Xantar opcional en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe pendente de confirmar.

     
    💡 Por que asistir?
     

    • Coñece as últimas tendencias en loxística.
    • Escoita experiencias reais do sector.
    • Conecta con profesionais e empresas.

     

    Agardámoste en Vigo!