Event Information:
-
Thu30Apr202612:30EEI - Sede Campus
Exposición itinerante do IV Concurso de Fotografía AIIG/ICOIIG
Cando a enxeñería se converte en imaxe!
Tras a celebración da entrega de premios do IV Concurso de Fotografía "Enxeñaría Industrial na Sociedade", convocado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o vindeiro xoves 30 de abril, a partir das 12:30 horas, terá lugar no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus, a inauguración da exposición das fotografías finalistas e gañadoras.
A exposición podrá visitarse ata o 15 de maio.Este certame pretende pór en valor a conexión entre enxeñaría, sociedade e creatividade e busca achegar a enxeñaría industrial á cidadanía, amosando o seu impacto en ámbitos como a enerxía, a industria, a innovación e a sustentabilidade.
Engloba todas aquelas imaxes que representan a enxeñaría industrial, a súa estética, o seu espírito e a súa importancia na nosa sociedade.
Animámosvos a acompañarnos nesta presentación e a visitar a exposición para descubrir, a través de cada imaxe, unha nova forma de entender a enxeñaría industrial.




