Event Information:
-
Wed11Feb202609:30
XORNADA Elas Fan CienTec 2026
Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.
Esta xornada enmárcase dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e supón unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e en especial ao alumnado, a actividade investigadora que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.
Tratáse dunha actividade divulgativa orientada a visibilizar o traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da nosa Escola e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.O programa previsto para esta xornada é o seguinte:
9:30 - 9:55 horas
Benvida por parte da Subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da EEI - Foto grupal na entrada da EEI - descrición da Actividade 11F: E ti, queres ser enxeñeira?
9:55 - 10:15 horas
Relatorio a cargo de Ana Mejías Sacaluga - Docente e Enxeñeira de Organización Industrial da EEI.
10:15 - 11:00 horas
Relatorio a cargo de Olalla Cuíña Gómez - Presidenta de INASUS.
11:00 - 11:45 horas
Actividade 11F/Parte 1 – Enxeñeiras da EEI: Entrevista.
11:45 - 12:15 horas
Descanso.
12:15 - 13:20 horas:
Actividade 11F/Parte 2 – Así imaxinabas a unha enxeñeira?
13:20 - 13:25 horas
Peche da Actividade 11F.




