Event Information:
-
Thu18Dec202512:00Salón de Actos EEI - Sede Campus
Celebración da Xunta de Escola
Órgano colexiado de representación e decisión.
Convocatoria da última sesión do ano.O próximo xoves 18 de decembro, a partir das 12:00 horas no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus, celebrarase a última sesión da Xunta de Escola deste ano 2025.
Lembra que a Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión da EEI e está rexida polo título I do Regulamento de Réxime Interno da EEI.
Será unha sesión especialmente importante, na que se fai balance das actuacións levadas a cabo durante este ano e tamén aquelas outras que teremos que afrontar no novo ano. Sen dúbida, son moitos os retos e desafíos que temos por diante e resaltar a importancia de escoitar e facerte escoitar para que a Escola siga avanzando.
Atendendo ás funcións propias da Xunta de Escola, como vén sendo habitual, nesta sesión abordaranse, entre outros, os seguintes puntos na orde do día:
- Intervención do Director da Escola, José Fariña, cunha exposición e valoración xeral do ano e dos fitos acadados.
- Presentación e aprobación das contas do ano en curso.
- Aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
Tras a finalización da sesión, teremos un aperitivo de Nadal, unha excelente ocasión para compartir impresións, despedir o ano e brindar polos éxitos nos proxectos vindeiros.
A participación nesta sesión é moi importante, unha oportunidade para coñecer o que está a facer a nosa Escola, a túa Escola, para que tamén nos achegues propostas, ideas, ... Non perdas a oportunidade de compartir tamén un momento de lecer e de ilusións con compañeiros e compañeiras no aperitivo que celebraremos ao rematar a sesión.
Anota esta cita na túa axenda!




