Diary

Event Information:

  • Tue
    02
    Dec
    2025

    XIV Xornada patentes e propiedade intelectual

    10:30Aula de grao - Sede Campus

    Organiza a Escola de Enxeñería Industrial coa colaboración de ABG Intellectual Property.

     

    O próximo martes 2 de decembro terá lugar, a partir das 10:30 horas na Aula de grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus, a XIV Xornada patentes e propiedade intelectual.

     

    A programación desta xornada é a seguinte:

     

    • Propiedade intelectual e propiedade industrial.
    • Modos de protección da propiedade intelectual.
    • Modos de protección da propiedade industrial.
      • Patentes.
      • Modelos de utilidade.
      • Deseños.
      • Marcas.
    • Patentes
      • Que é unha patente?
      • Estrutura dunha patente.
      • Requisitos de patentabilidade.
      • Procedemento administrativo.
      • Dereitos.
      • Modalidades de patentes.
    • Casos prácticos de patentes.
      • Estrutura.
      • Xogo de reivindicacións.
      • Determinación do estado da técnica.
      • Exercicio práctico.
    • Cuestións por parte dos asistentes.

     
    Duración estimada: 10:30 – 13:30 horas.
     
    Relatores
     

    Fernando Prieto Morán
    Axente Europeo de Patentes.
    +25 anos de experiencia en Propiedade Intelectual.
    Socio responsable do Dpto. de Enxeñería de ABG IP.

    Juan Manuel Soto Rueda
    Axente Europeo de Patentes.
    Axente da Propiedade Industrial.

    Esperámosvos!