Diary

  • Tue
    11
    Feb
    2025
    09:30

    Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.

     

     

    Esta xornada está enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. É unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e ás alumnas o que se fai na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Unha actividade divulgativa esencial para dar visibilidade ao traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da institución e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.

     

    O programa previsto para esta xornada é o seguinte:

     

    9:30 - 9:35 horas: Foto grupal na entrada da EEI.

    9:40 - 9:55 horas: Benvida por parte da Subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da EEI – Actividade 11F: E ti, queres ser enxeñeira?

    9:55 - 10:15 horas: Relatorio a cargo de Ana Mejías Sacaluga - Docente e Enxeñeira de Organización Industrial da EEI.

    10:15 - 11:00 horas: Relatorio a cargo de Sonia Segade Blanco - Directora de transformación dixital e tecnoloxía de RENFE.

    11:00 - 11:45 horas: Actividade 11F/Parte 1 – Enxeñeiras da EEI: Entrevista.

    11:45 - 12:10 horas: Descanso.

    12:10 - 12:30 horas : Showroom das JAI'2025.

    12:30 - 13:20 horas: Actividade 11F/Parte 2 – Así imaxinabas a unha enxeñeira?

    13:20 - 13:25 horas: Peche da Actividade 11F.

    13:25 - 13:30 horas: Dirección cara aos autobuses.

     

  • Mon
    10
    Feb
    2025
    11:00Salón de actos - Sede Campus

    O luns 10 de febreiro comezan as JAI'2025, a X Edición destas "Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial".
      

    Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

     
    Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas.

     
    Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, e unha grande exposición de robótica, que se celebrará na entrada da Escola de Enxeñería Industrial, onde os asistentes poderán interactuar coas solucións más innovadoras e explorar casos de éxito reais.

     
    Podes consultar máis información na web das JAI.

     
    Esperámosvos na UVigo do 10 ao 14 de febreiro!

  • Mon
    10
    Feb
    2025
    11:00Salón de actos/Aula de Grao - Sede Campus

    Do 10 ao 14 de febreiro de 2025 terán lugar, na Aula de Grao e entrada principal da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), as I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025
      

    O programa inclúe os seguintes relatorios:
     

    • Martes 11 de febreiro (12:00 - 13:30): Simposio «Enxeñaría da Saúde I» sobre «Tecnoloxía e IA para transformar o manexo da apnea do sono», con María Luisa Torres e Manuel Casal (Hospital Álvaro Cunqueiro).
    • Xoves 13 de febreiro (12:00 - 13:30): Simposio «Enxeñaría da Saúde II» sobre «Presente e futuro da cirurxía endovascular», con José Manuel Encisa de Sá (Hospital Álvaro Cunqueiro) e José Manuel Blanco Rey (Siemens Healthineers).

     

    Ademais, durante toda a semana, haberá un showroom de equipamento biomédico, onde se presentarán servizos do Hospital Álvaro Cunqueiro e empresas como BETA Implants, KUNE IMPLANTS e FABRX, que non vos podedes perder.

     
    Podedes consultar máis información en JIB'2025.

     

    Esperámosvos!