Proceso acreditación doutoramento

Renovación da acreditación do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química.     Visita do Comité de Avaliación de ACSUG, que se realizará en modalidade non presencial, dentro do proceso de renovación da acreditación do doutoramento en Enxeñería Química.   Ao obxecto de incentivar a participación das persoas relacionadas co programa de doutoramento no proceso, ACSUG habilitou un correo electrónico (audiencia.publica@acsug.es) para que as persoas relacionadas co programa e que non foron convocadas ás audiencias poidan enviar os seus comentarios ata o día 20 de xaneiro. Nos comentarios enviados por este medio o remitente debe estar debidamente identificado: nome completo, perfil …

Continue Reading

Xornada Patentes e Propiedade Intelectual

Evento virtual organizado pola Escola de Enxeñería Industrial e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.     Coa colaboración de ABG Intellectual Property.   Acceso libre previa inscrición en: https://attendee.gotowebinar.com/register/5967601969793633292

Continue Reading

Xornada de Captación de Talento

O próximo 11 de novembro ás 11:00 horas celebrarase unha “Xornada de Captación de Talento”.     Esta xornada, organizada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública en colaboración coa Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, desenvolverase en liña dende UVigo TV.   Ten como finalidade informar das posibilidades laborais que ofrece a administración pública aos titulados/as universitarios/as.

Continue Reading

Comezo das Xornadas Dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial

O programa de relatorios das Dixital XAI’2020 oriéntase á difusión das máis innovadoras e avanzadas tecnoloxías de automatización industrial.   Non perdas a ocasión de asistir á primeira edición dixital dun dos eventos máis importantes do panorama nacional no ámbito da automatización industrial, punto de encontro das empresas máis punteiras de automática a nivel nacional e internacional.   Consulta toda a información e o programa en Dixital XAI’2020.

Continue Reading

Actividades de acollida 2020/2021

  Alumnado de Mestrado en Enxeñería Industrial   SEDE CAMPUS (Salón de Actos) 09:30 – 10:00 Benvida Director da EEI 10:00 – 12:00 Planificación e Organización Docente. TFM. Programas de Mobilidade 12:00 – 13:00 Programa de Mentorización   Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida.   Lembra que podes seguir as xornadas de forma non presencial a través das aulas virtuais.    

Continue Reading