Xornada das profesións 2022

      O mércores 8 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.   Esta xornada está dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recén titulados ou nos últimos cursos.   Este ano a xornada voltará celebrarse de forma presencial, no paraninfo da Escola Enxeñería Industrial Sede Cidade.   Hai 100 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición. Esta inscrición realizarase a través do seguinte formulario:   https://forms.gle/YeCrX2NFAkMjFWJg9     …

Continue Reading

Acto de graduación 2022

O 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase o acto de graduación do noso alumnado.     Este ano presenta como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.   Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado en Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos …

Continue Reading

XXVIII Seminario de Loxística

Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Escola de Enxeñería Industrial.     O Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.   A asistencia ao seminario é gratuíta. Os interesados en asistir podedes reservar a vosa praza directamente na web do Grupo GIO ou na seguinte ligazón https://forms.gle/E1JLXrTSMDKVj5ff8.   O programa será o seguinte:   10:00 horas. Blockchain aplicado á cadena de subministración: creando valor …

Continue Reading

TECH TALENT 2022

Encontro do talento tecnolóxico galego     O obxectivo desta xornada é reunir nun mesmo foro ás principais empresas cun claro proxecto de futuro e necesidade de incorporar talento, protagonistas dun presente profesional que marcará o camiño cara ao futuro inmediato de Galicia.   Está dirixida a todos os profesionais implicados coa tecnoloxía e con Galicia, con inquietude de mellora profesional.   O programa será o seguinte:   Presentación da xornada   “Cocos galegos”: Empresas Tecnolóxicas con ADN Galego, casos de éxito: Keyplan Ingeniería Efimob Efficient Mobility Inelsa Solar Aeromedia UAV Universidade Administración   Foro Aberto “Da Universidade ao Aeroporto”. …

Continue Reading

Aplicando tecnoloxías XR na industria de forma sostible

Seminario que se celebrará de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da EEI – Sede Campus     Nesta xornada, Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, achegaranos ás tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria.   O programa será o seguinte: 10:00 – 10:15: Apertura da Xornada – Juan Pardo (Director da EEI)   10:15 – 10:45: Visión global das tecnologías XR – Santiago González (CEO de Arsoft)   10:45 -11:15: Como invertir de forma sostible en tecnoloxías XR? – Santiago González …

Continue Reading

Impresión 3D de medicamentos: de circuitos a “imprimidos”

Charla que se celebrará ás 16:00 horas na aula 15 da EEI- Sede Campus     Será impartida polo Dr. Álvaro Goyanes, científico galego fundador da empresa FabRx e que figura por terceiro ano consecutivo na lista dos investigadores máis influentes do mundo elaborada por Web of Science.   Xunto ao seu equipo, Álvaro Goyanes está desenvolvendo unha impresora 3D que permitiría “fabricar” medicamentos en casa. Esta investigación tivo unha gran acollida dende a súa publicación no International Journal of Pharmaceutics.   O acceso á charla será libre previo rexistro no siguiente formulario.

Continue Reading

Á procura de talento no ámbito da automatización e control de procesos: novos retos e desafíos

Mesa redonda que se celebrará de 18:30 a 20:00 horas no Paraninfo da EEI – Sede Cidade (Rúa Torrecederia, nº 86)     Participan: María José Raposo, Presidenta, ISA Sección Española Almudena Álvarez, EMEA IIPS Senior Proposal Manager de HONEYWELL Process Solutions Carmen Valverde, Project Manager, FOSTER-WHEELER Julia García, Regional Director Operations Southern Europe, EMERSON Mónica Martínez, Xestora de Optimización e Control da Refinería de Coruña, REPSOL     Modera: Isabel Vidal, Profesora e Consultora da sección de estudantes, USC     Presenta: José Ignacio Armesto, Profesor e ex-advisor da sección de estudantes, UVIGO

Continue Reading

Actos delegación alumnado celebración patrón EEI

Dende o 15 de marzo celebraranse diferentes torneos e actividades.     Con motivo da celebración do Patrón da Escola de Enxeñería Industrial, a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) vai desenvolver un amplo programa de actividades moi diversas e interesantes que podes atopar na seguinte ligazón.     Animámosvos a participar!

Continue Reading

XXII edición do Foro Tecnolóxico de Emprego

Evento creado polo alumnado e para o alumnado como punto de encontro coas empresas     Datas: 9, 10 e 11 de marzo de 2022   Na seguinte ligazón podes consultar información sobre os diferentes obradoiros que se levarán a cabo e rexistrarte naqueles do teu interese: obradoiros foro tecnolóxico.   Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.

Continue Reading

Xornada divulgativa sobre usos e aplicacións da RV/RA

Xornada orientada ao profesorado das distintas áreas con docencia na Escola     Data: 18 de febreiro de 2022, ás 12:00 horas Relator: Xoel Vázquez Lugar: Aula 15 (EEI)     Esta xornada enmárcase dentro dun conxunto de actividades cuxo obxectivo é coñecer, avaliar e considerar aplicacións potenciais, tanto para docencia como investigación.   O programa será o seguinte: Presente/Futuro da RV/RA. Principais Características da Tecnoloxía RV/RA. Aplicacións da RV/RA no ámbito industrial: Casos de uso/éxito (exemplos en entornos industriais). Aplicacións da RV/RA na docencia/investigación: Uso en laboratorios, centros de investigación,… Plataformas de desenvolvemento (breve introducción das características da plataforma …

Continue Reading