Exposición mulleres enxeñeiras de éxito

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, presentan unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a figura da muller enxeñeira e fomentar as disciplinas STEM entre as nenas a través dunha exposición itinerante.

A presentación farase o día 1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.

A exposición farase durante todo o mes de febreiro na Escola de Enxeñería Industrial (do 1 ao 14 na Sede Campus e do 15 ao 29 na Sede Cidade).

Destacar a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar un talento que non entenda de xénero e eliminar así a brecha existente entre homes e mulleres no acceso a carreiras técnicas.