Plan de prevención e control sanitario fronte á covid-19

Contactos COVID da Escola

No caso de estar afectado, por favor, debes comunicalo ao responsable COVID do teu centro:

Cumpre as 3M: Máscara, Mans Limpas e Metros de seguridade.

Que debemos saber?

Co obxectivo de que o desenvolvemento de todas as actividades académicas da EEI transcorran de formas segura, é moi importante ter presentes todas as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Consellería de Sanidade e Secretaria Xeral de Universidades sobre as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARS- Cov-2.

Durante o pasado curso 2020-2021, na Universidade de Vigo, o Consello de goberno aprobou o Plan de prevención e control sanitario fronte á covid-19. As medidas deste plan integráronse nos plans de prevención e control sanitario dos centros. Trátase dun Plan moi dinámico e en constante adaptación, para axustarse aos novos requirimentos, que podes consultar neste apartado.

O Plan foi redactado polo Servizo de Prevención de Riscos, co apoio do grupo de expertos covid-19 da UVigo e, dada a situación na que nos atopamos, ten un carácter dinámico, debéndose actualizar en todo momento segundo as directrices establecidas polas autoridades competentes nas distintas materias. Aínda que a seguridade total é imposible acadala, o cumprimento do plan permitirá á UVigo poder traballar dentro das condicións sanitarias establecidas polas autoridades competentes. Neste sentido, é moi importante coñecelo e respectalo dun xeito moi estrito. A seguridade de todos depende das actuacións individuais de cada un de nós e por esta razón pregámosvos a maior colaboración para que a actividade transcorra co menor risco para todo o persoal.

Desde a Escola de Enxeñería Industrial estamos a facer importantes axustes, tanto nas infraestruturas como nos aspectos organizativos, para o bo desenvolvemento deste curso.

Podes consultar máis información de interese na web da Universidade de Vigo en volta á actividade presencial e protocolos definidos de PRL.

Documentos e enlaces