Xornada divulgativa para o PDI da revista científica JOVE

O próximo luns 27 de novembro, ás 16:00 horas, terá lugar na Aula de Grao da EEI – Sede Campus, unha xornada divulgativa da revista científica JOVE, á que se ten subscrito recentemente a Universidade de Vigo (Journal of Visualized Experiments).

A presentación correrá a cargo do relator Gonzalo Matanza (Product Specialist | Spain & Portugal) e está dirixida ao PDI.