Charla Eva Cano, egresada da EEI no CERN

Xoves 2 de novembro ás 17:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus.

 

 

Será impartida pola relatora Eva Cano, egresada da EEI, onde cursou Estudos en Enxeñería Eléctrica, e que se atopa actualmente traballando como Project Manager no CERN, onde leva 5 anos tras rematar os estudos na nosa Escola.

 

Unha charla sobre as oportunidades nun centro de investigación de primeiro nivel. Coñece os proxectos e as oportunidades para o desenvolvemento dos/das enxeñeiros/as a través da experiencia dunha egresada da Escola. Unha gran oportunidade que pode ser do teu interese. Se queres participar, rexístrate na seguinte ligazón, https://forms.gle/VvCnfeZJ5beXUe6P8.