Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais

240 Créditos
4 Cursos
100 Plazas

tec_01 tec_02

O grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais ten fundamentalmente dúas finalidades:

  1. A creación de técnicos polivalentes e xeralistas cunha formación en física e matemáticas e que, a pesar de non contar con atribucións profesionais, serían totalmente válidos no mundo industrial en, por exemplo, departamentos de I+D empresarial, postos de responsabilidade en Pemes, formando parte de equipos de traballo multidisciplinares ou dedicados á docencia en centros de educación secundaria ou módulos de formación profesional.
  2. Proporcionar aos estudantes unha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos que faciliten o acceso e a superación de estudos de Mestrado. Estes mestrados poden ser o Mestrado en Enxeñaría Industrial, mestrados de especialización en áreas de coñecemento tradicionais (Enxeñaría Mecánica, Eléctrica, etc.) ou emerxentes (MBA, Bioenxeñería, Nanotecnoloxías, Novos Materiais...), ou mestrados orientados á Investigación e posterior desenvolvemento do Doutoramento.

 

Perfil de ingreso recomendado

O perfil de ingreso recomendado no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno que superase o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes calidades dentro do alumnado:

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita

 

Saídas profesionais

  • Estas graduadas e graduados son os mellores preparados para acceder con garantía de éxito aos estudos do Mestrado en Enxeñería Industrial que outorga as atribucións plenas do enxeñeiro/a industrial.
  • Grazas a unha sólida formación científica e a unha ampla variedade de coñecementos en diversas tecnoloxías, presentan un carácter xeralista e multifuncional.
  • Posibilidade de desempeñar postos de responsabilidade en pemes ou formando parte de equipos de traballo multidisciplinares en calquera tipo de empresa.
  • Capacidade de integración de coñecementos de diferentes áreas para redactar e desenvolver proxectos no ámbito da enxeñería industrial.