A continuación indícase un listado orientativo de destinos nos que tradicionalmente se teñen preparado traballos de fin de estudos. Por tanto, serían centros a priori axeitados para facer unha estadía de carácter práctico e desenvolver un traballo que dea lugar a un TFG/TFM. A persoa indicada na columna «Persoa de contacto» pode facilitar máis información sobre as posibilidades e condicións concretas de cada destino. Tamén pode facilitar a consecución dun supervisor en destino que asine a carta de preaceptación, documento imprescindible para a solicitude dunha praza na convocatoria Erasmus-prácticas. Normalmente, para desenvolver un TFG/TFM en mobilidade só serán necesarios coñecementos …
Categoría: Internacional
Calendario de Actividades Internacionais
Programa SaarIng
Programa SaarIng O Programa SaarIng da Universidade HTW Saar ofrece bolsas a recén titulados que queiran iniciar unha carreira profesional en Alemaña. O programa ten unha duración de 11 meses e inclúe: curso de idioma prácticas profesionais relacionadas cos seus estudos salario mensual entorno ós 1000 € En toda a duración do programa, os alumnos estarán titorizados por profesores da Universidade de HTW Saar. Documentos e enlaces Programa SaarIng para titulados Páxina web do programa SaarIng Facebook programa SaarIng
Convenios Internacionais
Nesta sección enuméranse algúns dos acordos de mobilidade que dispón a Escola de Enxeñería Industrial para os nosos estudantes (tanto no marco do programa Erasmus, como fora del). Austria Technische Universität Wien Belgium Vrije Universiteit Brussel Université Libre de Bruxelles Universiteit Gent Université de Liege Université de Mons Brasil Universidade Federal do Río Grande do Sul – UFRGS Universidade Federal de Santa Catarina – UFSC Universidade Federal de Sao Carlos Pontificia Universidade Católica do Río Grande do Sul Pontificia Universidade Católica do Río de Janeiro Bulgaria Technical University of Sofia University of Chemical Technology and Metallurgy Sofia (UCTM) Chile Universidad …
Programas para Docentes
O persoal docente da Universidade de Vigo dispón dunha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade. Ademais da existencia de programas que teñen como destino a Unión Europea, Estados Unidos ou Canadá, o persoal docente da Universidade de Vigo pode participar en accións de cooperación interuniversitaria ou no programa Jean Monet, destinado ao desenvolvemento no mundo universitario de actividades académicas relacionadas coa integración europea, o estudo da construción da Europa comunitaria, e o seu desenvolvemento institucional, político, económico e social. Documentos e enlaces Máis información sobre os Programas para Docentes
Programa SICUE
A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española. Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un semestre ou un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica Valencia, Universidade Politécnica de Cataluña, Sevilla, Zaragoza ou Málaga, entre outras. A Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias nas seguintes universidades: Listado Centros SICUE Documentos e enlaces Máis información sobre o Programa SICUE
Estudantes de mobilidade ao Estranxeiro
Os destinos dos estudantes de mobilidade ao estranxeiro son moi diversos, tanto a distintos países europeos coma asiáticos, americanos ou a Australia. Para solicitar a mobilidade, o alumno deberá solicitar o programa (ver programas de mobilidade) e, unha vez elixido coma alumno de mobilidade, habilitaráselle un contrato de estudos (Learning Agreement) na secretaría virtual que deberá cubrir e que despois será aceptado pola subdirección de exteriores. Para iso, o alumno debe levar o seu expediente académico (que non é preciso que sexa oficial) no que se mostre un resumo co número de créditos superados e pendentes. Así, a subdirectora de …
Programa Erasmus-Estudos
O programa Erasmus-Estudos permite que os alumnos da EEI poidan cursar unha parte dos seus estudos noutras universidades europeas coas que a Universidade de Vigo asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes. Os alumnos de último curso da súa titulación poden optar a esta bolsa para cursar un semestre da súa especialidade en mobilidade. Estes alumnos deben facer a solicitude o ano anterior a aquel en que se levará a cabo a mobilidade. Para os estudantes de Grao a mobilidade Erasmus-Estudos realizarase preferentemente no segundo cuadrimestre de 4º curso. Para os estudantes do Mestrado de Enxeñería Industrial que cursan unha …
Programas de mobilidade
Programas para Estudantes Os alumnos das titulacións ofertadas na Escola de Enxeñería Industrial poden cursar parte dos seus estudos tanto en Universidades estranxeiras como en Universidades españolas. Programas de Mobilidade Nacional Programa SICUE Programas de Mobilidade Internacional Erasmus – Estudos Libre Mobilidade ISEP Bolsas Propias GE4 Bolsas Banco Santander Erasmus Prácticas Programa Vulcanus Programas para Titulados Brainport traineeships – Eindhoven Programa SaarIng Rolls Royce Graduate Program Programas para Docentes e Investigadores O persoal docente da Universidade de Vigo ten ao seu dispor unha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade. Programas …
Libre Mobilidade
A libre mobilidade é unha estadía académica temporal nunha institución de educación superior estranxeira para efectuaren estudos relacionados cunha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen o requisito da concesión dunha praza de mobilidade ao abeiro dos programas, acordos ou convenios subscritos pola Universidade de Vigo. Para solicitar o estatus de estudante de libre mobilidade, o alumno deberá cumprir os seguintes requisitos: Estar matriculado na Universidade de Vigo en estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento no momento da solicitude e durante a realización da estadía No caso de ser estudante de grao, ter polo menos 60 créditos ECTS superados …