O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Banco Santander, que acredita ao alumno como membro da comunidade universitaria. Ademais desta función, sérvelle ao estudante para funcións como o préstamo de libros, accesibilidade a material e emprazamentos non docentes, utilización de aulas de informática, acceso a instalacións deportivas da universidade, moedeiro electrónico ou descontos en comercios. Podes consultar toda a información sobre como obtela e as respostas ás preguntas máis frecuentes na seguinte ligazón: Máis información sobre a Tarxeta Universitaria
Categoría: Alumnado
Planificación Académica
A organización docente apróbase pola Comisión Permanente da Escola antes do comezo de cada curso académico, de tal xeito que os estudantes poidan dispoñer daquela información relativa ao desenvolvemento da actividade académica antes de formalizar a súa matrícula. É moi importante estar atento a esta información ao longo do curso por se se tivese producido algún axuste ou modificación por causas sobrevidas. Planificación Académica Curso Matrícula – elección de grupo. Actividades de acollida. Calendario Académico. Horarios. Calendario Exames. Guías Docentes. Aulas virtuais ‘campus remoto’ Salas do profesorado. Salas Sede Campus. Salas Sede Cidade. Acceso Campus Remoto. Documentos e enlaces Normativa …
Graduación EEI
Xa están en marcha os preparativos para o acto de graduación do curso 2025/26. A data prevista para a celebración deste acto é o luns 8 de xuño de 2026. Para que poidades asistir ao acto de graduación, debedes facer o rexistro no seguinte formulario do 6 de abril ao 4 de maio e cumprir os requisitos que se detallan a continuación. Requisitos para graduarse: Estar matriculado nunha titulación da EEI. Estar matriculado de todas as materias do último curso salvo do TFG e das Prácticas en empresa. O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, 180 dos créditos totais …
Asociacións de Estudantes
Na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo están presentes varias asociacións de estudantes con diferentes temáticas e intereses. Todas elas constitúen un piar fundamental para ofrecer respostas ás inquietudes, demandas e intereses que os propios estudantes teñen na súa etapa universitaria, constituíndo un importante elemento dinamizador da vida universitaria dentro das nosas sedes. É reconfortante ver o labor que os nosos estudantes realizan día a día dende as asociacións, utilizando o seu talento, ilusión e experiencia ao servizo da Comunidade Universitaria. Todas estas experiencias contribúen de xeito importante á súa formación integral, e permítelles adquirir habilidades fundamentais para …
Software
No recopilatorio de software da Universidade de Vigo pódese atopar o software de uso cotiá que os servizos informáticos poñen a disposición da comunidade universitaria. Para poder acceder á este recopilatorio é necesario dispor dunha conta de correo da universidade (tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es). Por outra banda, a Escola de Enxeñería Industrial ten subscritos diferentes convenios que posibilitan ao alumnado dispor de licenzas para o uso de certos programas. En particular, a EEI ten acordos campus para a utilización por parte de todo o alumnado de diversos programas, como por exemplo: Matlab / Simulink (acordo con Mathworks). Labview / Multisim …
Ven a Industriais
A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, xorde da integración nun único centro da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSII) e a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (EUITI), dedicadas ás ensinanzas universitarias no ámbito da enxeñería industrial. Na actualidade o conxunto de ambos os dous centros aglutina aproximadamente algo máis de 4.000 alumnos matriculados e 350 profesores de 15 departamentos diferentes, xestionando 3 edificios e case 60.000 m2 de superficie construída; repartidos en dúas sedes: Sede Cidade, que integra os edificios e instalacións da antiga EUETI; está situada na Rúa Conde de Torrecedeira da cidade de …
Alumnado actual
Para estar informado de todo o que acontece podes seguir os perfís da escola nas redes sociais twitter e facebook. Ademáis debes subscribirte ás listas de alumnos da EEI onde recibirás, entre outros, mensaxes relacionados con: Ofertas de mobilidade ó estranxeiro e resto de España Convocatorias de prácticas en empresas Ofertas de traballo
Manual de acollida
A Escola de Enxeñería Industrial quere axudarche a que a túa integración na vida universitaria na Escola sexa satisfactoria. Por iso, cada curso elaboramos un pequeno manual de acollida onde poderás atopar aquela información que pode ser do teu interese e axudarche a facer a túa estancia na nosa Escola máis doada. Entre outros temas, poderás consultar información sobre: Oferta académica. Normativa de permanencia. Organización. Recursos materiais e servizos. Web da EEI. Plataforma de Teledocencia Moovi. A información detallada sobre as xornadas de acollida podes atopala na seguinte ligazón: xornadas acollida. Documentos e enlaces Manual de acollida
Traballo Fin de Grao
Como requisito indispensable para a obtención do título de Graduado, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Grao (TFG) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 12 ECTS. O TFG debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable. Matrícula TFG Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización para …
Traballo Fin de Mestrado
Como requisito indispensable para a obtención do título de Mestrado en Enxeñería Industrial, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 24 ECTS. O TFM debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable. Matrícula TFM Deberá ser formalizada antes de poder comezar a …




