Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.
A cidade conta cun servizo de autobuses urbanos (VITRASA) que cubre practicamente todo o municipio. Para maior comodidade ofrecen na súa páxina web un calculador de rutas, onde poderás ver a mellor opción para chegar ó teu destino.
VITRASA
Ctra. Camposancos, 36. Vigo
Teléfono: 986 291 600
E-mail: sav@vitrasa.es
www.vitrasa.es
Chegar á Sede Campus
A Sede Campus da EEI está situada no Campus Universitario Lagoas-Marcosende, a uns 15 km. do centro da cidade.
Transporte urbano
Para chegar podes utilizar os autobuses urbanos (VITRASA), que teñen varias liñas directas ao campus dende o centro da cidade, popularmente chamadas lanzadeiras, que tardan uns 20 minutos en chegar:
Praza de América – Universidade
Praza de España – Universidade
Existen tamén outras liñas que pasan polo centro da cidade, pero fan moitas máis paradas que as lanzadeiras e tardan aproximadamente 45 minutos en chegar:
Nesta app podes consultar o percorrido das liñas sobre o mapa real de Vigo.
Liña A Liña 15 U1 U2
Chegar á Sede Cidade
A Sede Cidade da EEI está situada no centro da cidade de Vigo, na Rúa Torrecedeira. A súa situación no centro urbano e a súa privilexiada localización facilita o seu aceso, sexa dende a cidade ou dende poboacións limítrofes.
Transporte urbano
Existen numerosas liñas de transporte urbano (VITRASA) que teñen paradas moi preto da sede cidade, podes consultar o teu traxecto no mapa de liñas elaborado por VITRASA, pero destacamos a liña circular centro que ten parada diante da entrada á escola.
Praza de América – Praza de América
Transporte de ría
Na Ría de Vigo operan ademais varias compañías con barcos regulares a diferentes destinos e horarios que permitirán chegar ó centro de Vigo dende Cangas ou Moaña.