Porque temos unha ampla oferta educativa no ámbito tecnolóxico que aporta unha formación multidisciplinar, práctica e de calidade ós nosos alumnos.
Porque temos máis de 111 anos de historia na ensinanza da disciplina da Enxeñería Industrial.
Porque a Escola non é só un centro de estudos senón un espazo multidisciplinar. Dispoñemos de numerosas instalacións que che resultarán útiles durante o teu período de formación (seminarios, aulas informáticas, laboratorios tecnolóxicos, salas de estudo, biblioteca,…)