Presentámosche unha pequena guía para afrontar calquera traballo académico. Estes pasos axudaranche a buscar e avaliar a información que necesitas e a difundila da forma correcta
Buscar e avaliar a información
Hai moitos sitios onde atopar información, pero non toda a información que vas atopar ten a mesma calidade, deberás aprender a distinguir a relevante da que non o é. Para o teu traballo, utiliza fontes de confianza.
Na Biblioteca da Universidade de Vigo, atoparás distintas opcións para empezar a buscar información relevante para o teu traballo.
Vas ter que obter información de distintas fontes, un bo comezo é a clave do éxito.
Redactar o Trabajo Fin de Grao
O Traballo Fin de Grao (TFG) debe presentarse como un documento escrito, polo que unha vez localizada toda a información e avaliado todos os recursos e integralos coas túas ideas e reflexións, é o momento de comezar a redactar.
Evitar o plaxio
O plaxio consiste en usar o traballo, ideas ou palabras doutras persoas coma se fosen túas propias. Trátase dunha infracción contra a propiedade intelectual e por iso a EEI dispón dunha ferramenta integral para avaliar os traballo escritos para asegurar a súa orixinalidade..
Citas e referencias
No teu traballo, terás que recoñecer os elementos que identifican unha publicación e a utilizalos para crear a bibliografía. Refworks é unha aplicación que che axudará a manter ordenada toda a túa bibliografía.
Defensa do TFG
A túa presentación non pode transmitir todo o que sabes nin todo o que contén o TFG xa que só dispós de 15 minutos para a defensa, polo que ordena as túas ideas utilizando unha estrutura simple e lineal.
Ensaia antes da presentación, fala amodo e fai pausas.