Acceso á licenza Campus de CYPE
Como estudante ou profesor ten libre acceso aos programas de CYPE mediante a Versión Campus, grazas ao convenio asinado coa súa universidade para este curso académico. Como reforzo ás súas clases poderá utilizar este software para arquitectura, enxeñería e construción mediante conexión a Internet, xa sexa persoal ou coa rede wifi da universidade.
Descargue a versión completa dispoñible en http://descargas.cype.es/, e instale a Versión Campus no seu computador.
Rexístrese no seguinte formulario:
http://www.cype.edu.es/campus/?centro=eei-uvigo
Validamos os correos cos dominios da universidade:
Enviarémoslle unha mensaxe coa súa clave de acceso entre 24-72 h. Por favor, rexístrese só unha vez.
O correo institucional servirá para identificarse en caso de necesitar o Soporte Técnico de CYPE, que poderá utilizar dirixíndose a soporte.edu@cype.com