Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez
No curso académico 2022/2023 o alumnado de primeiro curso dos 7 graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) compartirá as materias do 1º curso. Cada estudante matricularase no Grao seleccionado (sempre que existan prazas vacantes) pero, como o 1º curso é común a todos os Graos, a totalidade do alumnado compartirá os 16 grupos de primeiro curso.
O estudante deberá completar a súa matriculación no Grao elixido a través da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de grupo.
Deberá ordear de maior a menor preferencia a sede (campus ou cidade) e a quenda (mañá ou tarde nas dúas sedes) do grupo de aula do primeiro curso. Esta prelación é meramente informativa e non vinculante para o centro. Aínda que pola nosa parte nada nos satisfaría máis que asignar os grupos elexidos, hai que ter en conta que, por necesidades de organización docente, pode non ser posible; pero, en calquera caso, é importante que a información que manexe o alumno lle permita a mellor das eleccións. A adxudicación de estudantes a cada grupo farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.
Así mesmo, todo o novo alumnado do 1º curso poderá seleccionar se o desexa docencia bilingüe ou non. A adxudicación do grupo A07_I no campus (docencia bilingüe) farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.
A asignación de grupo dos tres primeiros chamamentos pode consultarse na secretaría virtual. A asignación de grupo do resto dos chamamentos farase pública nas primeiras semanas do mes de setembro. A publicación dos grupos anunciarase na web da Escola, polo que recoméndase estar atentos á mesma a partir do mes de setembro.
Por outra banda, nas xornadas de acollida, previstas para a semana do 5 de setembro, incluirase información desta cuestión de cara ao inicio do curso.
Alumnos de Continuación de Estudos
Antes de realizar a súa matrícula, os alumnos deben comprobar ben os horarios. A Escola non pode garantir a compatibilidade de horarios entre materias de cursos diferentes. Non se concederán cambios de grupo debido a esta causa.
O alumno completará a súa matriculación na páxina web da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de Grupo. En función do Grao no que está matriculado poderá expresar a súa preferencia de Sede e/ou Turno na pantalla que se lle abrirá a continuación. Esta preferencia é meramente informativa e non vinculante para o centro.
A adxudicación de alumnos a cada grupo farase tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI.
Así mesmo os alumnos poderán seleccionar se desexan docencia en inglés segundo a oferta dispoñible para o grao correspondente. A adxudicación de alumnos farase tendo en conta o expediente do alumno e as necesidades de organización académica da EEI.
A composición dos Grupos farase pública os primeiros días de setembro.
Listado de materias optativas xerais 4º curso (pendente de actualización)
Cambio de grupo
Os cambios de grupo, que difiran da opción elixida na matrícula, soamente poderanse solicitar a través deste formulario, que estará aberto dende o día 12 de setembro ata o 13 de setembro ás 23:59 horas. A solicitude en ningún caso será vinculante e estará suxeita ás necesidades derivadas da organización docente. Os cambios de grupo unicamente poderanse solicitar de maneira excepcional, por causas xustificadas, dentro dos criterios establecidos pola EEI e non se admitirán solicitudes de cambio de subgrupo de prácticas, nin aquelas que se realicen fóra de prazo ou que non sigan o procedemento establecido.