Aínda que as actividades de acollida son recomendables, non teñen o carácter de obrigatorias. É por iso que, no caso de ter algún problema para asistir, poderás consultar a información que tamén estará dispoñible na web da Escola. Aínda que é posible que xa se saiban moitas das cousas que imos contar, a experiencia dinos que nunca está de máis coñecer algunhas máis e tamén aquelas novidades a ter en conta.
As actividades académicas de acollida para o alumnado de Graos e Mestrados Académicos da EEI matriculados no curso 2022/2023 terán lugar do 5 ao 9 de setembro.
A programación detallada destas actividades podes consultala na seguinte ligazón. Recoméndase estar sempre atento ás novas da web da Escola por se houbese algunha modificación ou axuste.
A actividade docente (clases) comezará a partir do luns 12 de setembro de acordo coa planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI.