A Escola de Enxeñería Industrial quere axudarche a que a túa integración na vida universitaria na Escola sexa satisfactoria. Por iso, cada curso elaboramos un pequeno manual de acollida onde poderás atopar aquela información que pode ser do teu interese e axudarche a facer a túa estancia na nosa Escola máis doada.
Entre outros temas, poderás consultar información sobre:
- Oferta académica.
- Normativa de permanencia.
- Organización.
- Recursos materiais e servizos.
- Web da EEI.
- Plataforma de Teledocencia Moovi.
A información detallada sobre as xornadas de acollida podes atopala na seguinte ligazón: xornadas acollida.