¿Como se pode ser Delegado de Grupo?
Para ser delegado de grupo, o primeiro que tes que facer é presentar a candidatura, así todos os teus compañeiros saberán que queres representalos. Deberás consultar o calendario electoral e presentar a túa candidatura na data indicada.
Procedemento para a elección do Delegado de Grupo
- As candidaturas a delegado de clase presentaranse no momento da elección. Se non hai candidaturas tódolos alumnos da clase serán candidatos, agás os membros da mesa electoral.
- Cada delegado só poderá selo dun so grupo.
- A mesa electoral de cada grupo estará composta por:
- Un presidente, que será o profesor que imparta docencia nese momento.
- Un secretario e un vogal que serán elixidos polo presidente, entre os alumnos que non presenten candidatura.
- Unha vez presentados os candidatos procederase á votación a man alzada, salvo que algún alumno solicite a privacidade do voto, caso no cal, cada alumno escribirá o seu voto nun papel e entregarallo ó presidente na mesa electoral.
- Non se admitirá a delegación do voto, nin o voto anticipado.
- Resultará elixido delegado de clase o candidato que obteña maior número de votos. No caso de haber un candidato único terá que acadar maior número de votos a favor que en contra.
- O secretario levantará acta segundo o modelo que lle será facilitado polo centro. Na acta figurarán o número de votos acadados por cada candidato, ou no caso de candidato único, o número de votos a favor e número de votos en contra.
- A acta unha vez cuberta e asinada polo presidente, o secretario e o vogal será entregada nunha das conserxerías da EEI á atención do delegado de alumnos da EEI.
¿Que poden facer os Delegados?
- Informar a os estudantes sobre dereitos e normas da Universidade, avaliación, revisión de exames, bolsas e axudas, procedementos de queixas ante o defensor do estudante, servizos e recursos para persoas con necesidades especiais, …
- Participar de forma activa nos órganos de representación da Universidade
- Fomentar a conciliación da vida académica e laboral